martes 23 de noviembre de 2010

"VIII CERTAME DE RELATO CURTO EN GALEGO “CONCELLO DE MUGARDOS”

VIII CERTAME DE RELATO CURTO EN GALEGO
“CONCELLO DE MUGARDOS”

ACTA DO FALLO DO CERTAME

Reunido no baixo do Concello de Mugardos o xurado composto por:
Dona Anxos Díaz Prados; concelleira de Política Lingüística
Dona Mª Socorro Casal Montero; mestra de Primaria
Dona Fátima García Cendan; bibliotecaria municipal
Dona Mª Carmen Sanmartin Alonso; mestra de Primaria
Dona Mª Mercedes Lestayo Brage; mestra de Primaria
Don Serafin Alvarez Rodriguez; profesor de Secundaria
Secretaria: Mª del Mar Nóvoa Conde
Data: Luns, 22 de novembro de 2010
Hora: 19.00 horas


Procédese a fallar o devandito Certame; tra-la análise efectuada polo xurado, acadese o seguinte resultado:

Categoría: menores de 18 anos

GAÑADORA: Tania Vázquez García
- Título: Miña esperanza
o Pseudónimo: O Piloto

Categoría: maiores de 18 anos

GAÑADORA: Clara Isabel Rodríguez Giráldez
- Título: Soñar en branco e negro
o Pseudónimo: Do Roxo

MENCIÓN ESPECIAL: Moncho Iglesias Míguez
- TÍTULO: As laranxas tamén entristecen
o Pseudónimo: Samar Salahat



E non sendo outro o motivo da presente, dáse por rematado o acto, sendo 20.00 horas, da data consignada no comezo, e levantándose a presente acta, que asinan os/as asistentes.

http://concellodemugardos.org/axenda/evento/250/viii_certame_de_relato_curto_en_galego_concello_de_mugardos

jueves 12 de agosto de 2010

Proendos, parroquia de todas as épocas para visitar e recordar

Proendos é unha parroquia próxima ao municipio de Sober (Lugo). Estiven por alí a semana pasada e sorprendeume gratamente. Proendos é un museo, pódese andar polas seus estreitos camiños e rúas e ver como os veciños reciclaron elemntos de diferentes épocas: celtas (trisqueis ou petroglifos) e romanos fustes de columnas romanas, aras, muiños de man, ladrillos... para diversos e diferentes usos.
A igrexa representa a I.M. e mesmo séculos poteriores nas súas pinturas e retablos.
Algunha mostra disto son estas fotos:

As columnas:Nesta casa empréganse como elementos decorativos.











Nestas fotos podemos ver como as columnas se empregaron para o seu propósito.

























Nesta obsérvase o capitel dunha columna empregado como unha pedra máis da parede dunha casa.












O fuste dunha columna na entrada dunha casa.










Os muiños de man:


Como elementos decorativos. Na segunda foto, tamén se emprega o fuste dunha columna.




























Estelas funerarias:Empregadas como unha pedra máis nun muro ou como elementos decorativos fronte a un santuario.












Ladrillos:que tapan ocos.














Tamén se poden ver moitas pedras como esta das que se descoñece a utilidade:
Se alguén coñece os usos que puido ter esta pedra, agradécense suxerencias.










Os elementos celtas son os seguintes:


Petroglifos.






















Trisqueis

martes 6 de julio de 2010

Hermes en Brión

O domingo 4 de xullo a Banda de Música de Chantada participou no Certame de Bandas de Música de Brión, celebrado na carballeira de Santa Minia. Alí observei unha fonte, na cima da cal relucía unha representación do deus grego Hermes, chamado, posteriormente Mercurio, polos romanos.

Este deus era o mensaxeiro dos deuses e foi moi admirado e venereado polos comerciantes e gandeiros.
Nesta carballeira celébrase o mercado, polo que a situación da fonte e da imaxe é boa.

Pero por que encontramos esta imaxe nun concello coruñés?
A resposta é sinxela. En 1913, Vicente Ramos, un brionés que emigrara á Arxentina, tivo éxito nos negocios realizados ao outro lado do Atlántico e decidiu realizar numerosas melloras na súa vila natal. Unha delas é esta.

Así, este agasallo amosa unha vez máis que os comerciantes tiveron, teñen e terán unha admiración por Hermes.

martes 13 de abril de 2010

Descubren momia de la era romana en oasis egipcio

Máscara de yeso descubierta al lado de una momia de una mujer que mide 97 centímetros de altura.

Los arqueólogos egipcios descubrieron un sarcófago de yeso esculpido elaboradamente mostrando a una mujer de ojos anchos vestida con una túnica, en un nuevo recinto de tumbas en un oasis de un desierto remoto, anunció el lunes el Departamento de Antigüedades del país.

Se trata de la primer momia de estilo romano encontrado en el Oasis Bahariya, a unos 300 kilómetros (186 millas) al suroeste de El Cairo, dijo el arqueólogo Mahmud Afifi, quien dirigió la excavación.
El descubrimiento formó parte de un cementerio que se remonta al periodo grecorromano y que contiene 14 tumbas.
"Es un descubrimiento único", dijo Afifi a The Associated Press, tras confirmar que los primeros exámenes indican que una momia se encuentra en el interior del sarcófago.
El sarcófago mide sólo un metro (tres pies) de largo y muestra a una mujer con una túnica larga, pañuelo, brazalete y zapatos, así como con un collar con cuentas. Unas piedras de colores en los ojos del sarcófago dan la impresión que está viva.
Afifi dijo que no se ha datado el nuevo descubrimiento aún, aunque el estilo de entierro indica que perteneció al largo periodo de dominio romano de Egipto, el cual duró siglos y empezó el año 31 antes de nuestra era.
El arqueólogo dijo que al principio pensó que se había topado con una tumba de un niño debido a su estatura diminuta, pero las decoraciones y rasgos demuestran que se trataba de una mujer.
Afifi dijo que no está claro quien fue la mujer, pero dijo que probablemente era rica y representaba a una integrante influyente de la sociedad, debido al esfuerzo que se tomó en elaborar el sarcófago.
Se han descubiertas momias de estatura diminuta en otras partes de Egipto, donde parecían ser importante en religiones locales en esos tiempos. Los arqueólogos también encontraron un bajo relieve de oro mostrando a los cuatro hijos del Dios egipcio Horus, otras máscaras de yeso de caras de mujeres, varios utensilios de arcilla y de cristal y algunas monedas de metal.

http://es.noticias.yahoo.com/11/20100412/twl-mor-cie-egipto-momia-1be00ca.html

jueves 11 de marzo de 2010

ANTES DISCRIMINADAS, AGORA INNOVADORAS

A discriminación da muller está presente en diferentes eidos dende a antigüidade. Por exemplo na Roma e na Grecia clásicas podemos observar o menosprezo que sufrían as mulleres por parte da sociedade ao non poder beber viño, ter vedada a súa preseza en comidas importantes, ter un cuarto restrinxido a elas e aos seus labores e ao non poder acceder á educación, xa que esta estaba restrinxida aos varóns, práctica que se mantivo vixente durante toda a Idade Media, período no que se defendía a visión que tivera Aristóteles da muller: ‘ser sumiso’.
A pesar de todos os obstáculos que tiñan as mulleres para achegarse á educación, ao longo da Historia, destacaron mulleres en diferentes épocas e ámbitos, por exemplo, a poetisa Safo, discriminada polo seu oficio e sentirse atraída polas mulleres, algo insólito na súa época; Hypatia, astrónoma admirada e envexada; que aturando as críticas por exercer de profesora e realizar numerosos estudos, sendo unha muller, inventou aparellos como o astrolabio, que foi moi importante para a astronomía. Baseouse nas afirmacións de Tolomeo para intentar desvelar algúns dos moitos misterios que agacha o Universo. Hildegarga de Eibingen foi unha filósofa da Idade Media que está considerada como a primeira representante do misticismo. Podemos citar tamén a Marie Curie, quizais a científica máis coñecida universalmente, por descubrir o radio. Aínda que estas mulleres están moi escondidas, contribuiron co seu gran de area a que a ciencia e outros campos evolucionasen.
Hoxe en día, a pesar de todos os esforzos e traballos levados a cabo, a muller continúa a ter dificultades para acceder ao ámbito laboral. O Goberno está a destinar subvencións ás empresas para que no seu cadro de persoal aparezan mulleres, moitas das cales, ao rematar os seus estudos superiores non encontran traballo. Isto débese a que teñen máis dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. As empresas non adoitan fixarse nos currículos dos aspirantes a un posto de traballo. Mentres as mulleres rematan os estudos superiores cunha media de cualificacións superior a dos homes, son elas as que teñen máis dificultades para atopar emprego, debido a que as empresas, moitas veces, prefiren contratar a un home, indistintamente das cualificacións e experiencia que posúa para o posto que desexa desempeñar.
A muller galega, desenvolveu ao longo da Historia traballos tradicionais, xeralmente non valorados e desprezados, como o fiado, a agricultura, a olaría, a tintura, o arranxo de redes, o marisqueo, tarefas domésticas… Moitos destes traballo, tan diferentes entre sí, foron importantes para o campo da ciencia. A tradición oral permitiunos herdar das nosas nais e avoas receitas para facer infusións con herbas que até que elas nolas mostraron as descoñecíamos e non lles dábamos importancia, descoñecendo o seu nome. Grazas a estes coñecementos, hoxe en día, hai empresas que se dedican a fabricar medicamentos ecolóxicos, que se fabrican con plantas cultivadas previamente. Actualmente, nas Facultades de Medicina impártense clases para coñecer os beneficios das plantas mediciñais e dos productos ecolóxicos, coa finalidade de reducir o consumo innecesario de fármacos polos pacientes, que ademais de ter efectos secundarios, contaminan o medio ambiente. O baño María, empregado diariamente nos nosos fogares, naceu nos laboratorios químicos da man dunha alquimista, María a Hebrea.
A maior parte do persoal que traballa no marisqueo, nas industrias conserveiras e nas do conxelado, son mulleres. Mentres que a maioría de pescadores son varóns. Hoxe en día, estanse a desenvolver proxectos para que o sexo non delimite os traballos nos que unha persoa desexa exercer. Por exemplo, o proxecto Embárcate, rematado no 2007, promoveu o achegamento da muller aos barcos pesqueiros e o seu contrato por parte dos armadores.
Na actualidade, mentres algunha muller traballa como modeladora de poliéster ou de carpinteira naval, os homes están aprendendo a amañar os aparellos pesqueiros que adoitan amañar as mulleres, mentres elas manexan as redes de arrastre.
Aínda que o mercado laboral é complicado para unha muller, hoxe en día son moitas as que deciden innovar e crear novas empresas para comerciar productos ecolóxicos a partir de plantas mediciñais ou sacar ao mercado novas especies que nunca estiveron neste, como a anémona, o ourizo, a lapa ou a alga. Aínda que estas empresas teñen unha base asentada nos coñecementos tradicionais, o seu funcionamento está a ser moi prometedor, xa que contan con gran aceptación por parte da sociedade.
Agardo que en pouco tempo, grazas a todos os proxectos que se están a levar a cabo, todas aquelas mulleres que soñan con traballar en sectores onde a súa presenza é minoritaria, o poidan lograr, xa que as teñen as mesmas capacidades intelectuais ca os homes para poder desempeñar un cargo. Do mesmo xeito confío en que o salario da muller chegue a ser equiparable co do home, sendo os traballos iguais, non debe haber diferenzas entre ambos sexos.

Tania Vázquez García

lunes 8 de febrero de 2010

55 mentiras sobre a lingua galega



A presentación en Chantada dun libro que será empregado por máis dunha persoa como arma para defendernos dos continuos ataques que recibimos os galegos por defender a nosa lingua e os nosos dereitos.

Sen dúbida, un día moi especial para todos os galegos que nos sentimos orgullosos do noso patrimonio cultural.

Sen máis, felicitar aos compañeiros de mesa, que nos axudaron a botar unhas risas, nunha presentación moi alegre, fóra do común e moi especial.

http://www.facebook.com/video/video.php?v=102297379801540

sábado 30 de enero de 2010

pax, εἰρήνη, paz, pau, peace, paix, salaam, mir, fred, vrede...



SI VIS PACEM, PARA BELLUM

"SE QUERES A PAZ, PREPÁRATE PARA A GUERRA", Esta máxima, atribuida xeralmente a Xulio César, pertence a Verguenio, que no seu libro, rei militaris se podía ler o seguinte fragmento:

"Igitur qui desiderat pacem, praeparet bellum" (libro III, prefacio, ano 390, aprox.)

PAX POTIOR BELLO

"A PAZ É MÁIS PODEROSA QUE A GUERRA"

SI VIS PACEM, PARA IUSTITIAM

"SE QUERES A PAZ, PREPARA A XUSTIZA"

martes 5 de enero de 2010

Por que é xaneiro o primeiro mes do ano?

Xano (Ianus) é un deus que tiña dúas caras mirando para ambos lados do seu perfil.

Xano era o deus das portas, os comezos e as fins. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, xaneiro (Ianuiarius). Represéntase con un bastón na man dereira e cunha chave na esquerda, elementos relacionados coas entradas ou cos porteiros: a chave para abrir e o bastón para afastar aos visitantes non desexados. Así, podemos observar que o nome deste deus está moi próximo as palabras porteiro (ianitor) e porta (ianua).
Podemos observar unha representación deste deus en moedas romanas moi antigas que os romanos empregaban para xogar ao caput aut navis (equivalente ao noso cara ou cruz).

Este deus foi chamado "divom deus", unha forma latina moi antiga que significaba "deus dos deuses".
Xano tamén recibíu o nome de "Principium Deorum", "deus do principio", tendo este termo un significado sagrado.
"PRINCIPIUM" escrbíase en grego ἁρχή. Así, XAno é o deus do principio (ἁρχή).
En grego esta palabra ten o sígnificado: "ser o primero". Permanece nesta o carácter sagrado orixinal que sinalaba ao deus como o principal do panteón, "deus dos deuses", O Primeiro Ser.

lunes 4 de enero de 2010

A casa grega

Nun principio, os gregos facían as súas casas con adobes. Construíanse unas xuntas desordenadamente, e o número e a distribución dos cuartos obedecían aos accidentes e extensión do terreno do que dispuñan. A luz obtíñase a través das fiestras e claraboias sin cristais.
A miúdo contaban cun patio interior que proporcionaba luz e aireación aos cuartos que daban a este. As paredes exteriores eran tan vulnerables que os ladróns preferían facerlles un burato antes que forzar a porta de entrada.
Non eran casas demasiado cómodas nin agradables, pero eran suficientes para satisfacer as necesidades dos seus inquilinos que, xeralmente, pasaban a maior parte do día fora da casa, nos grandes espazos públicos ao aire libre.
No século IV a. C., os cambios políticos e económicos das cidades motivaron que os ciudadáns se desentenderan dos asuntos políticos e non participaran tanto na vida social. Por isto, cada vez houbo máis demanda de comodidades e espazos no interior das vivendas.
Finalmente, na época helenística, as casas comezan a ser máis luxosas. As casas das persoas acomodadas están feitas a base de materiais nobres.
Na casa grega, os cuartos distribúense arredor dun patio interior. As salas dedicadas a recibir visitas constan xeralmente dun vestíbulo e dun comedor, e adoitan estar na parte máis accesible da casa. O nome destes cuartos eran: andron (ἁνδρών), que significa ‘apartamento dos homes’. As mulleres e os nenos ocupaban o xineceo (γυναικών) máis afastada da rúa, o cal xeralmente estaba no piso superior.
Os mobles non eran complicados, e servían para unha vida social relativamente sinxela. Había baúis e diváns para comer ou dormir indistintamente. O θρόνος era un asento honorífico, reservado ao dono da casa ou ao hóspede máis distinguido. A mesa na que se servían as comidas era una especie de velador (τράπεζα).
Nos barrios populares a mayoría das casas eran moi pequenas e tiñan soamente una planta baixa con dous ou tres minúsculos cuartos. Os alimentos cociñábanse ao aire libre, sobre un braseiro, pois ata o século IV a. de C. as casas carecían de cociña.
Para coñecer mellor as casa gregas:

sábado 2 de enero de 2010

ERAN AS VIVENDAS ROMANAS TODAS IGUAIS?

Como en todas as civilizacións, a clase social do cidadán marcaba o tipo de vivenda na que habitaba. En Roma existían dous tipos básicos de casa romana:
- A domus:

Vivenda unifamiliar con planta baixa e unha altura, ocupada por familias acomodadas. Ao lado desta atopábanse as tabernae, tendas ou almacéns que frecuentemente estaban alquilados.
A domus tiña varios espacios abertos:
- O atrium, un patio descuberto, provisto dun estanque para almacenar a auga da chuvia (impluvium). No atrium podíamos atopar:
- Os cubicula: cuartos con diferentes utilizacións.
- O lararium: altar para os cultos familiares.
- O tablinum: espacio destinado a recepción dos visitantes máis ilustres.
Ao lado do tablinum atopábase un corredor (andron ou fauces) que comunicaba o atrio cun segundo patio chamado peristylum.

O peristylum estaba rodeado de columnas e dun pequeno xardín decorado con estatuas. Neste podíamos distinguir:
- Os cubícula.
- O triclinium: comedor amoblado con tres leitos que formaban unha U, arredor dunha mesa circular.
- A culina: cuarto pequeno onde os escravos preparaban a comida.
- A exendra: cuarto dedicado á vida social familiar.

Algunhas domus tiñan un terceiro patio chamado viridarium no que había árbores frutais e un estanque ou piscina.

- A insula:

Bloque de pisos de vivendas de alquiler, onde se aloxaban as persoas con menos recursos económicos. Adoitaban ter tres pisos. Tiñan cuartos pequenos, con fiestras e pequenos balcóns. Accedíase a elas a través dun gran patio central, con escaleitras a diferentes alturas. Na parte inferior había tendas aberta cara a rúa, cunha altura onde vivía o comerciante.

E para rematar coñecendo algunha curiosidade máis sobre as vivendas romanas...: