Denuncia da Mesa pola Normalización Lingüística
“BURRA NO HABLES LENGUAS MENORES”
Frases como esta foron adicadas por un xefe de sección dun centro comercial coruñés a empregados que falaban galego.
Son xa arredor de corenta casos denunciados nos últimos dous anos e a mayoría non se fixeron públicos. Pero periodicamente, a Mesa pola Normalización Lingüística recibe queixas de traballadores que sufriron problemas por falar na lingua do paía, e segundo explica Carlos Callón, presidente da Mesa, neste 2008 e na cidade d’A Coruña son xa dous anos. No primeiro deles, acontecido nunha academia, a vítima da discriminación non que¡ixo difundir públicamente o acontecido.
Mais si neste segundo caso, a Mesa foi autorizada polos traballadores implicados a facer pública a denuncia. Segundo explicaron este luns en conferencia de prensa, un xefe de sección do centro comercial Carrefour da Coruña repróchalles a algúns traballadores que falen en galego no espazo de traballo.
Láianse desde a Mesa pola Normalización Lingüística de que malia o estatuto do traballador penaliza a discriminación lingüística na práctica do día a día seguen aparecendo casos coma este que “demostran a situación de desamparo” na que se encontran moitos traballadores á hora de poderen exercer o dereito de falar en galego no seu contorno laboral.
Sen plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral
“Isto é unha mostra máis de que aínda non hai igualdade de oportunidades para quen queira desenvolver con normalidade a súa vida en galego”, quéixase Callón.
Por este motivo, o colectivo insta á Secretaría Xeral de Política Lingüística a tomar cartas no asunto. “En ningún momento tomaron ninguna medida ao respecto”, censuran desde a Mesa. No mesmo sentido, chaman á Consellería de Traballo a implicárense neste tema. Recordan ademais, que o colectivo leva tempo insistindo na necesidade de que a administración deseñe un plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral.
18/02/2008
http://www.vieiros.com/nova/64478/burra-no-hables-lenguas-menores
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada