lunes 3 de agosto de 2009

O latín no tempo



O latín na sociedade

O latín presenta variantes tendo en conta a sociedade ou a comunidade na que se falou (variantes diastráticas).

Sermo urbanus (falado na cidade), sermo rusticus (no campo) e sermo peregrinus (nas provincias). As súas diferencias eran eminentemente fonéticas e de pronunciación.
Sermo castrensis (no exército).
Sermo gladiatorius (o dos gladiadores).
O latín cristiano (nas comunidades cristiás).


O latín vulgar

Adóitase denominar vulgar a esta modalidade por contraposición ó latín clásico ou literario, pero non é un termo peiorativo.

Se nos fixamos no dito polos estudosos do latín, o latín vulgar é a lingua cotiá, falada pola xente da mesma sociedade, na que os escritores empregaban para redactar os textos literarios o latín clásico, polo que debeu de ter as mesmas fases cronolóxicas.

Deste latín vulgar naceron e desenvolvéronse as diversas linguas románicas ou romances.

As fontes ou os testimonios do latín vulgar son inscricións (“pintadas” nas paredes), cartas entre amigos e familiares, os diálogos en textos teatrais…


Algunhas características do latín vulgar

Xénero gramatical: masculino e feminino.
As declinacións redúcense até chegar a ser só dúas.
Algunhas consoantes de final de palabra (-m, -s, -t) pérdense.
Prefírese o uso de preposicións para expresar as funcións sintácticas que o uso dos casos.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada