miércoles 30 de septiembre de 2009

UNHA VIAXE, NO TEMPO E NO ESPAZO

Hoxe comeza para min un nova etapa na miña vida; xa que me acaban de propoñer realizar unha viaxe a Grecia, no espazo e no tempo.

Así terei unha oportunidade envexada por moitos historiadores e investigadores: coñecer de primeira man a sociedade, xeografía, historia, costumes, curiosidades, personaxes importantes... da Antiga Grecia.

Agardo verme envolta en feitos que marcaron a nosa Historia e que me sexan produtivos para aprender algo máis sobre a Antiga Grecia. Así mesmo, espero non verme involucrada en batallas cruentas como a de Maratón nin en acontecementos perigosos, xa que só desexo aprender para poder regresar a Chantada e amosarlles os meus recordos e experiencias ós meus amigos e familiares.

Eu embarcareime hoxe nunha historia fantástica, que chegará a todos os visitantes deste blogue a través das miñas palabras, xa que intentarei informarvos das miñas investigacións periódicamente.

2 comentarios:

  1. Por aquí nos veremos nesta viaxe virtual... Eu visitarei esta bitácora para comentar, orientar e pasalo ben coas túas vivencias.
    Xa tes as explicacións en Fendetestas... e agora, a "fenderse" a cabesiña.

    ResponderSuprimir
  2. como te lo curras chorvaa! xDDDDDD en fin que che vaia been e intenta non meterte no medio dalgunha guerra que xa sabes que os oplitas son moito do copo a corpo e rompente nun segundo!

    ResponderSuprimir