Esta é una das case 200 queixas recollidas na cidade da Coruña polo programa Liña do Galego, nos 10 meses que leva funcionando.
A Liña do Galego botou a andar a finais do ano pasado, como resultado dunha iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística. A finalidade deste proxecto é ofrecer asesoramento e apoio ante aqueles casos nos que sexan vulnerados os dereitos que, por lei, se lle recoñecen ó noso idioma. A Mesa pola Normalización Lingüística e a Concellaría de Educación de Coruña ofreceron una rolda de prensa conxunta para facer balance dos resultados recollidos na cidade, onde se rexistraron 181 queixas, 25 consultas e nove chamadas de parabéns.
De entre as 181 queixas chaman a atención a da imprenta de Porvén, que engadía un sobreprezo aos traballos impresos en galego. Á Liña do Galego chegaron dúas queixas de particulares que encargaron a impresión de textos en galego que chegaban á empresa preparados para plasmarse no papel. Tratávase dun recordatorio de primeira comuñón e dunha invitación de voda. En base a estas queixas A Mesa pediu á empresa que suprimirá o sobreprezo e esta rematou por acceder. Outro caso é o dun xefe de sección do Carrefour, quen respondeu a una empregada que falaba en galego coa seguinte frase: “Burra, no me hables en lenguas menores”. No que se refire á súa división por sectores, o concello da Coruña rexistrou 109 queixas, a delegación da administración galega seis e o ensino 28. As queixas referidas ás institucións públicas son maioría, e só 19 chegan de empresas privadas.
Ao falar das 25 consultas recibidas, o presidente da Mesa, Carlos Callón, afirmou que “algunas das consultas foron de persoas que queren dar a coñecer casos de discriminación mais que non se atreven a dar o paso de presentar una queixa pola especial vulnerabilidade das súas situación”. Callón valorou de forma positiva o funcionamento da Liña do Galego, que definiu como una iniciativa útil e innovadora.
A concelleira de Normalización Lingüística da cidade, Ermitas Valencia, afirmou que este proxecto constitúe un termómetro para eles, permitíndolles avaliar o funcinamento da propia Concellaría.
http://www.vieiros.com/nova/69509/unha-imprenta-corunesa-cobraba-un-sobreprezo-por-imprimir-en-galego
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada