jueves 29 de octubre de 2009

Macedonia

Corre o ano 355 a.n.E.
Acabo de chegar a Macedonia.


No 356 a.C Filipo subiu ao trono de Macedonia con vinte e dous anos, co nome de Filipo II. É un excelente xinete, grande nadador e un soldado moi sufrido en campaña. Casou con Olimpia, princesa de Epiro, e tivo un fillo, Alexandre.


Filipo acaba de conquistar a cidade de Crenidas, (á que bautizou co seu nome chamándoa Filipos ou Filípolis) preto da costa do mar Exeo, na beira do río Hebro e alén da zona mineira do monte Panxeo. Desde esta cidade pode ter o control absoluto da produción de ouro e a partir dese momento, Filipo pode acuñar neste metal e deixar de lado a prata que patrocinaban outras cidades.

Hai 4 anos que Filipo II (Φίλιππος) accedeu ó poder. O seu principal obxectivo é unificar todas as polis gregas.
O seu primeiro cometido foi organizar un bo exército, competente, disciplinado e numeroso, capaz de se enfrontar cos máis grandes pobos.
Para isto o rei abasteceuno con:
- casco.
- coiraza de coiro.
- escudo pequeno e redondeado.
- espada curta.
- lanza de 6 metros e medio, chamada sarissa. É famosa esta lanza, a máis longa e pesada que se coñece.

Este exército componse de:
- cabaleiría pesada (formada pola nobreza). Os reis macedonios posúen unha tropa de xinetes nobres que forman a súa escolta, chamados hetairoi (compañeiros do rei). Filipo organizou ó seu modo esa cabaleiría e deulles a todos as mesmas armas: coiraza metálica, xavelina e sabre. Eran en total 800 homes, e a súa especialidade era a carga frontal.
- cabaleiría lixeira. Era a encarregada de iniciar o combate e apoiar á falanxe atacando os flancos inimigos.
- infantaría (formada pola masa do pobo).
- falanxe (onde estaban os homes máis robustos). Está formada por guerreiros armados con lanzas, que entran en combate de forma frontal e sen separar as liñas. Con Filipo adquiriron tanta importancia que os denomina pezetairoi (compañeiros a pé do rei).

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada