Corre o ano 399 a.C.
Sócrates foi condenado a morte. Este filósofo contaba con numerosos contemporáneos en contra dos seus pensamentos, xa que, defendía a inexistencia dun deus como figura. Así, hoxe foi acusado de despreciar ós deuses e de alexar os pensamentos da xuventude da democracia.
A morte de Sócrates.Platón recolleu por escrito a defensa de Sócrates (unha forte reivindicación de toda a súa vida) no xuizo que tivo lugar este luns. A sentencia levouse a cabo, a pesares de que contou cunha escasa maioría. Cando, dacordo coa práctica legal de Atenas, Sócrates fixo una réplica irónica á sentencia de morte do tribunal propoñendo pagar tan só unha pequena multa dado o escaso valor que tiña para o Estado un home dotado dunha misión filosófica, enfadou tanto ó xurado que éste volveu a votar a favor da pena de morte por unha abultada maioría. Os amigos de Sócrates planearon a súa fuxida da prisión pero preferiu acatar a lei. Pasou os seus últimos días cos seus amigos y seguidores, como queda recollido na obra Fedón de Platón, e esta noite cumpriu a súa sentencia bebendo unha copa de tósigo preparado con cicuta seguindo o procedemento habitual de execución "suicida". As súas derradeiras palabras foron irónicas ou sarcásticas: «acórdate de comprar un galo para Asclepio».
Para ver o xuízo de Sócrates, acompañando a Sofía, a protagonista do libro "O mundo de Sofía", que estaba a ler para filosofía, antes de viaxar a Grecia:
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada