Corre o ano 409 a.C.
SÓCRATESHoxe viaxei no tempo para poder coñecer a Sócrates, un filósofo moi importante da Grecia Antiga. Non escribe ningún texto, debido a que é analfabeto. Porén algúns textos dos seus discípulos (Platón, Aristóteles e Xenofonte), fan referencia ó seu mestre.
Serviu como soldado hoplita na Guerra do Peloponeso (na batalla de Potidea) e nas batallas de Delio e Antípolis, do que se mostra moi orgulloso, xa que é recoñecido polos seus concidadáns polo valor e a resistencia física mostrada.
Exerce unha enorme influencia sobre o pensamento do seu tempo. Sócrates amosa unha visión que sorprende enormemente ó pobo ateniense: argumenta que os escravos teñen a mesma capacidade de razonar que os homes, polo que ten moitas conversas con eles, nos que os fai razonar e lles pregunta as súas opinións sobre temas de actualidade.
A súa frase máis polémica e discutida entre os seus coñecidos é: "Só sei, que non sei nada". Os seus alumnos, non comprenden como unha persoa tan sabia pode dicir isto, xa que o oráculo de Delfos anunciou que era o home máis sabio do mundo. Sócrates explicoume que el emprega esta frase porque co paso do tempo dáse de conta de que existen numerosas preguntas para a que non pode obter resposta.
Mañé intentarei falar cun dos seus discípulos máis traballadores e de máis sona: Platón.
Para coñecer algo máis sobre a vida de Sócrates:
Ata mañá!
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada