
A palabra Nadal provén da palabra "Natividade", que vén do latín "Nativitatem", que significa "nacemento". O mundo relixioso aplícaa propiamente ao nacemento de Xesucristo. Esta festa en lingua inglesa chámase "CHRISTMAS", que quere dicir "Misa de Cristo" e é celebrada na mesma data.
Porén, se nos remontamos á cultura grecolatina, podemos observar que os antigos gregos e romanos celebraban por estas datas festividades, moi semellantes ás nosas, das que quedan varias tradicións.
Os romanos celebraban o 25 de decembro a festa "Natalis Solis Invicti" ou "Nacemento do Sol invicto", asociada ao nacemento de Apolo. O 25 de decembro é considerado o día do solsticio de inverno, e que os romanos chaamaron bruma; cando Xulio César introduciu no seu calendario no ano 45 a.C., o 25 de decembro debeu ubicalo entre o 21 e o 22 de decembro do noso Calendario Gregoriano. Desta festa, os primeros cristiáns tomaron a idea do 25 de decembro como data do nacemento de Xesucristo. Outro festival romano chamado Saturnalia, en honor a Saturno (deus da agricultura).Por esta celebración os romanos pospoñían todos os negocios e guerras.Esta festa seméllase ó noso Nadal, mesturado co Entroido.
As primeiras celebrábanse do 17 ao 23 de decembro á luz de candeas e antorchas, celebrábase o fin do período máis escuro do ano e o nacemento do novo período de luz, ou nacemento do Sol Invictus, coincidindo coa entrada do Sol co signo de Capricornio (solsticio de Inverno). Probablemente as saturnais fosen a festa da finalización dos traballos do campo, celebrada trala conclusión da sementeira de inverno, cando o ritmo das estacións lles deixaban a toda a familia campesiña, incluídos os escravos domésticos, tempo para descansar do esforzo cotián.
A duración constaba de sete días de buliciosas diversións, banquetes e intercambio de agasallos. As festas comezaban cun sacrificio no templo de Saturno (en principio o deus máis importante para os romanos), ao pé do outeiro do Capitolio, a zona máis sagrada de Roma, seguido dun banquete público ao que estaba invitado todo o mundo. Os romanos asociaban Saturno co deus prehelénico Cronos. Durante as festas saturnais, os escravos eran frecuentemente liberados das súas obrigacións e os seus papeis cambiados cos dos seus donos.
Oficialmente celebrábanse o día da consagración do templo de Saturno no Foro romano, o 17 de decembro, con sacrificios e un banquete público festivo. Pero esta festa era tan apreciada polo pobo, que de forma non oficial festexábase ao longo de sete días, do 17 ao 23 de decembro. As autoridades estatais víronse obrigadas ata a atender ao costume popular. A finais do século 1 d.C, as vacacións xudiciais prolongáronse definitivamente a cinco días.
Posteriormente, o nacemento do Sol e o seu novo período de luz foron substituídos polo nacemento do verdadeiro señor para a Igrexa: Xesús de Nazaret. E gradualmente os costumes paganos pasaron ao Día de Ano Novo, sendo asimiladas finalmente pola festa cristiá que hoxe en día se coñece universalmente como O Día do Nadal.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada