jueves 30 de julio de 2009

As construcións romanas

Anfiteatro:
É un edificio de forma elíptica. Construíase sen practicar excavacións. Estaba destinado ós grandes espectáculos: loitas de gladiadores (munus gladiatorum), loitas entre animais (venationes), e incluso a simulación de combates navais (naumaquias), xa que no centro da area había unha fosa que se podía encher de auga.


Arco de triunfo:
Monumento destinado a conmemorar eventos romanos, especialmente os efectuados por emperadores. Está formado por dous piares que se unen por medio dun arco de medio punto, sobre o que reposa o ático (macizo de mampostería). Un dos máis famosos é o arco de Bará (Tarragona).


Ponte:
É o recurso empregado para salvar o paso dun río. Unha das máis célebres da nosa Península é a ponte de Alcántara sobre o río Tajo, en Cáceres. Está situado na Ruta da Prata, vía romana que percorría a Península de norte a Sur.


Acueduto:
É unha obra de enxeñería hidráulicaque se empregaba para abastecer de auga as cidades. Construción feita sobre arcadas, que aproveitaba as pendentes do terreo para canalizar a auga procedente dun manancial e facíaa chegar a unha cidade. O acueduto de Segovia percorre 18 Km, dende a serra de Guadarrama até a cidade.

martes 28 de julio de 2009

A arquitectura na Grecia Antiga



Período Arcaico:


Período Clásico:


Período Helenístico:

jueves 23 de julio de 2009

LIBROS SOBRE A NOSA HISTORIA...






Uns libros que nos mergullan na nosa Historia, de forma agradabel, entretida e nalgúns casos de forma real (La séptima cruz, escrita en 1944)...

Agardo que algún día aprendamos as leccións que a Historia nos facilita, para que feitos tan catastróficos como os que se narran nestes libros non se repitan endexamais...

Libros que recomendaría a todos os amantes da Historia...

martes 21 de julio de 2009

A arquitectura na Grecia clásica



a.

b.

c.

jueves 16 de julio de 2009

A ARQUITECTURA ROMANA



a.

b.

miércoles 15 de julio de 2009

LIBROS ESPECIAIS NESTAS VACACIÓNS:





SEN DÚBIDA TRES LIBROS DE JOAN MANUEL GISBERT NOS QUE DITO AUTOR CREA MUNDOS MISTERIOSOS, INOLVIDABLES, AGRADABLES E ESPECIAIS EN ÉPOCAS ANTIGAS... TODO UNHA OBRA DE ARTE!



UN LIBRO QUE RECOMENDARÍA A TODOS OS GALEGO FALANTES, XA QUE O AUTOR, SECHU SENDE, NOS INVITA A LER MÚLTIPLES RELATOS, DOS CALES ALGÚNS ME GUSTÁRON MOITO A PESARES DE QUE OUTROS ME DEIXARON INDIFERENTE E AGARDANDO SABER ALGO MÁIS...
SEN DÚBIDA, UN LIBRO ENTRETIDO, DIFERENTE E VARIADO.

lunes 13 de julio de 2009

Alfabetos


O alfabeto latino provén do grego a través do pobo etrusco, que o adoptou a finais do século VIII a. C. en contacto coas colonias gregas do sur de Italia. Porén, a creación do alfabeto non é obra do xenio grego, senón que este adaptouno a partir dun alfabeto semita, máis concretamente o fenicio. Acéptase o século IX a.C. como a data na que os gregos obtiveron o alfabeto, que na época clásica tiña 24 letras (vocais e consoantes). As súas reminiscencias semíticas pódense observar no nome das letras, como por exemplo: alfa ´boi`, beta ´casa`, gamma ´camelo`, delta ´porta`…

viernes 10 de julio de 2009

Fíbula de Preneste, primeiro testimonio en lingua latina


É unha agulla ou fíbula empregada para suxeitar a túnica atopada na cidade italiana de Preneste. Nela pódese ler esta inscrición:


MANIOS MED FHEFHAKED NUMASIOI

(Manio fíxome para Numerio)

jueves 9 de julio de 2009

miércoles 8 de julio de 2009

viernes 3 de julio de 2009

UN DÍA DE SORTE


GRAZAS CALDAS DE REIS POR CONCEDERME ESTE PREMIO!!!!, ISTO PODERÍA SER O PRINCIPIO DUN SOÑO.... XD

Safo, unha poetisa que fixo historia


Safo (c. 600-? a.C.), poeta lírica grega cuxa fama fixo que Platón se referira a ela dous séculos despois da súa morte como a décima musa. Naceu na illa de Lesbos, probablemente en Mitilene. Aínda que non se sabe moito acerca da súa vida, pertenceu ó parecer a unha familia nobre. Tampouco sabemos cando morreu, pero nos seus últimos poemas descríbese a sí mesma como unha anciá que goza dunha vida tranquila e pobre, en harmonía coa natureza.


Os fragmentos que hoxe conservamos dos seus poemas indican que Safo amosou a súa arte a un grupo de mulleres novas, coas que mantivo unha estreita relación e para as que compuxo as súas odas nupciais. O poeta Anacreonte (mediados do século VI a.C), afirmaba que Safo sentía un amor sexual polas mulleres; xa que nos seus poemas podemos atopar termos como lesbianismo e safismo.

Safo escribiu nove libros de odas, epitalamios ou cancións nupciais, elexías e himnos, pero apenas se conservan algúns fragmentos de todos eles. Entre estes destaca a Oda a Afrodita.

A poesía de Safo caracterízase pola exquisita beleza da súa dicción, perfección formal, intensidade e emoción. Inventou o verso hoxe coñecido como oda sáfica (tres endecasílabos e un adónico final de cinco sílabas).


Un poema de Safo:

jueves 2 de julio de 2009