viernes 28 de agosto de 2009

AS MIL E UNHA DESVENTURAS DUN GALEGO EN GALIZA
Carlos Outeiro precisou una intérprete para poder casar nun xulgado. En Ferrol, no ano 2005, cando a Constitución que declarou o carácter cooficial da lingua galega tiña xa edade de mileurista: 27 anos. Outro Carlos, Carlos Callón, di dende o outro lado do teléfono: Aínda ocorren as mesmas cousas que hai máis de 20 anos.
Callón é o líder da Mesa pola Normalización Lingüística, una ONG galega con máis de 3.200 socios que desde hai máis de dúas décadas defenden os dereitos dos galego-falantes, que veñen sendo a maioría dos galegos, según o CIS. E o escritor Suso de Toro di: A cultura española non se adecuou ós valores da Constitución, ó carácter cooficial das linguas.
Os feitos dan a razón a Suso de Toro. Non hai noticia, en Galicia, de exemplos de vulneración de dereitos de quenes se queiran expresar en castelán. Si que se coñecen os problemas dos galego falantes. Como necesitar un intérprete para casar. Ou como o caso de Xesús da Torre Martín, políglota ata a medula: domina sete idiomas.
A principios do 2008, Xesús foi a una entrevista de traballo no Hotel Ciudad de Vigo. Dende o comezo da entrevista, o director do hotel foise á cuestión lingüística. Prohibido falar galego, cos clientes e cos compañeiros. A presión foi tal que Xesús decidiu buscar traballo noutro lugar.
Ó fin e ó cabo, se aceptase podía pasalle o mesmo que a Montse Irago, que perdeu o seu emprego nunha asesoría de Pontevedra por falar no seu idioma. Ou doutra traballadora dunha pizzaría á que lle pasou tres cuartos do mesmo. Sen emprego por falar galego. 30 anos despois da proclamación da Constitución.

AS CIFRAS
65%
- PORCENTAXE DE FALANTES
Cerca do 65% da poboación galega fala sempre en galego ou máis en galego que en castelán. Só o 18% da poboación censada é monolingüe en castelán, según os datos oficiais.

20%
- BAIXÓN ENTRE OS XÓVENES
Ese porcentaxe, 20%, é o que retrocedeu o galego entre a xuventude nas últimas décadas. A ensinanza (principalmente en castelán) e os medios de comunicación dificultal a transmisión oral da lingua.

8%
- SENTENCIAS EN GALEGO
Só o 8% das sentencias que se dictan en Galicia están redactadas en galego. Un grupo de maxistrados creou hai poucis días una asociación para a promoción do galego na Administración de Xustiza.


Pancho Tristán - Santiago - 2/7/2008

miércoles 26 de agosto de 2009

MÁIS DA METADE DOS PROFESORES DAN CLASE EN ESPAÑOL NAS UNIVERSIDADES GALEGAS
O campus coruñés, cun 90 % de docentes expresándose en castelán, é no que máis se escoita.
Esixen maior control lexislativo para fomentar o uso do galego.
Malos tempos para o galego nos campus de Galicia. Según datos da Universidade da Coruña (UDC), nas facultades da cidade herculina o 90% dos docentes exprésanse en español á hora de dar clase. Pero a situación pouco cambia nas aulas de Vigo (84%) e Santiago (80%).
Ante esta situación, as universidades galegas lanzaron iniciativas para tratar de fomentar o uso do galego nas aulas. Así no caso coruñés, una campaña impulsada o pasado curso intenta dar facilidades ós profesores para contar con material (manuais, exercicios e referencias bibliográficas) en galego.
Este programa, que será plurianual xa está “dando os seus froitos”, según Goretti Sanmartín, directora de Normalización Lingüística da UDC, que asegura que “hai moitos docentes interesados” no plan. Aínda así, recoñece Sanmartín, “bótanse de menos os plans de normalización”.
Os Erasmus adáptanse
Porén, atendendo ás cifras, lonxe dos profesores, os colectivos onde máis cala o galego é en alumnos e en PAS (Persoal de Administración e Servizos). E, respecto ós primeiros, no campus aseguran que os estranxeiros (a maioría Erasmus) veno como un atractivo máis para elexir estudar en Galicia: “No caso Coruñés, e falo como docente, as cifras non deixan de subir ano tras ano. Os estranxeiros, en contra do tópico, adáptanse moi ben o idioma”, asegura Xosé Manuel Carril, secretario xeral da UDC.

11/11/2008

http://www.20minutos.es/noticia/427705/0/gallego/universidad/galicia/

viernes 21 de agosto de 2009

Unha granxa escola prohíbelle falar galego aos seus traballadores
A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Inspección de Traballo a actuar ante o que consideran una grave discriminación.
“O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas”. Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola “El Kiriko” de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao “persoal educativo” atópase xunto doutras como “respectar o traballo dos demais”, “cumprir os horarios” ou “deixar o material de traballo en orde”.
A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) denuncia esta “discriminación lingüística” e asegura que o escrito está dentro dunha liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa”. Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademaos, sostén que varias administración públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que exixan o cesamento destas discriminacións.
Non é un caso illado
O presidente da MNL lembra outros casos similares no eido do traballo que xa foron denunciados, como o dun traballador que non foi seleccionado nunha entrevista por falar galego (“e se se che escapa algo en galego?”, dixéronlle), ou o da empregada de Carrefour da Coruña á que o encargado lle recriminou o seu idioma (“Burra, no hables lenguas menores”). Neste caso da granxa escola de Fornelos, a situación ten, se cabe, máis derivacións, xa que os traballadores están en contacto diario con nenos e, segundo a súa web, adícanse a ampliar o seu coñecemento, neste caso, do medio rural, para conseguir o enriquecemento persoal dos pequenos.
A Mesa tivo coñecemento desta situación a través da Liña do Galego, un servizo que presta asesoramento aos cidadáns que ven velnerados os seus dereitos lingüísticos. O seu presidente, Carlos Callón, pediu aos que “supostamente defenden o bilingüismo e a igualdade entre as linguas” que actúen ante este tipo de casos.

18/11/2008
http://www.vieiros.com/nova/70337/unha-granxa-escola-prohibelle-falar-galego-aos-seus-traballadores

miércoles 19 de agosto de 2009

NOVAS SOBRE A LINGUA

Denuncia da Mesa pola Normalización Lingüística
“BURRA NO HABLES LENGUAS MENORES”
Frases como esta foron adicadas por un xefe de sección dun centro comercial coruñés a empregados que falaban galego.
Son xa arredor de corenta casos denunciados nos últimos dous anos e a mayoría non se fixeron públicos. Pero periodicamente, a Mesa pola Normalización Lingüística recibe queixas de traballadores que sufriron problemas por falar na lingua do paía, e segundo explica Carlos Callón, presidente da Mesa, neste 2008 e na cidade d’A Coruña son xa dous anos. No primeiro deles, acontecido nunha academia, a vítima da discriminación non que¡ixo difundir públicamente o acontecido.
Mais si neste segundo caso, a Mesa foi autorizada polos traballadores implicados a facer pública a denuncia. Segundo explicaron este luns en conferencia de prensa, un xefe de sección do centro comercial Carrefour da Coruña repróchalles a algúns traballadores que falen en galego no espazo de traballo.
Láianse desde a Mesa pola Normalización Lingüística de que malia o estatuto do traballador penaliza a discriminación lingüística na práctica do día a día seguen aparecendo casos coma este que “demostran a situación de desamparo” na que se encontran moitos traballadores á hora de poderen exercer o dereito de falar en galego no seu contorno laboral.
Sen plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral
“Isto é unha mostra máis de que aínda non hai igualdade de oportunidades para quen queira desenvolver con normalidade a súa vida en galego”, quéixase Callón.
Por este motivo, o colectivo insta á Secretaría Xeral de Política Lingüística a tomar cartas no asunto. “En ningún momento tomaron ninguna medida ao respecto”, censuran desde a Mesa. No mesmo sentido, chaman á Consellería de Traballo a implicárense neste tema. Recordan ademais, que o colectivo leva tempo insistindo na necesidade de que a administración deseñe un plan contra a discriminación lingüística no ámbito laboral.

18/02/2008
http://www.vieiros.com/nova/64478/burra-no-hables-lenguas-menores

lunes 3 de agosto de 2009

O latín no tempo



O latín na sociedade

O latín presenta variantes tendo en conta a sociedade ou a comunidade na que se falou (variantes diastráticas).

Sermo urbanus (falado na cidade), sermo rusticus (no campo) e sermo peregrinus (nas provincias). As súas diferencias eran eminentemente fonéticas e de pronunciación.
Sermo castrensis (no exército).
Sermo gladiatorius (o dos gladiadores).
O latín cristiano (nas comunidades cristiás).


O latín vulgar

Adóitase denominar vulgar a esta modalidade por contraposición ó latín clásico ou literario, pero non é un termo peiorativo.

Se nos fixamos no dito polos estudosos do latín, o latín vulgar é a lingua cotiá, falada pola xente da mesma sociedade, na que os escritores empregaban para redactar os textos literarios o latín clásico, polo que debeu de ter as mesmas fases cronolóxicas.

Deste latín vulgar naceron e desenvolvéronse as diversas linguas románicas ou romances.

As fontes ou os testimonios do latín vulgar son inscricións (“pintadas” nas paredes), cartas entre amigos e familiares, os diálogos en textos teatrais…


Algunhas características do latín vulgar

Xénero gramatical: masculino e feminino.
As declinacións redúcense até chegar a ser só dúas.
Algunhas consoantes de final de palabra (-m, -s, -t) pérdense.
Prefírese o uso de preposicións para expresar as funcións sintácticas que o uso dos casos.