sábado 31 de octubre de 2009

ATENAS

Corre o ano 342 a.C.

Atópome na acrópole de Atenas.

Dende aquí pódese ver a praza ateniense, que ó igual que os edificios da acrópole está adornada por unhas construcións cubertas de ouro e pintadas cunhas cores moi fortes. Esta praza é rectangular e está rodeada de marabollosos templos, palacios de xustiza e outros edificios públicos, comercios, unha sala de conceros e un ximnasio.
Pola praza pasean moitas persoas vestidas con túnicas pintorescas,semellantes á miña. Algúns levan espadas, outros xerras na cabeza e puiden observar que un deles leva un papiro ddebaixo do brazo dereito.
O edificio máis bonito da acrópole é sen dúbida o Partenón, que debido á súa maxestuosidade se pode ver dende moitos lugares distintos da cidade.
No interior deste templo hai unha estatua da deusa Atenea, de 12m de altura. O templo foi construido por orde de Pericles. O friso está decorado con escenas de loitas de centauros, animal que, para os gregos simboliza ó pobo persa e con momentos da disputa entre Atenea e Posidón, que remata gañando Atenea.
Hoxe estase a celebrar a procesión das Panateneas, festividade que se realiza cada catro anos, en honra a Atenea.
Abre a procesión a curia sacerdotal, que se detén diante do pórtico oriental do Partenón. A continuación unha serie de rapazas, que durante catro anos bordaron unha túnica para a deusa, entrégana como ofrenda. Esta túnica era moi longa e tiña moitísimo traballo eu penso que as fábricas que se dedican, na nosa era ó tecido non son capaces de elaborar un manto tan fermoso.
O partenón:


Hoxe tamén visitei o Monte Areópago. Aquí o Tribunal Supremo de Atenas pronuncia as súas sentencias en caso de asesinato. Dende aquí pódese ver o gran templo do deus ferreiro, Hefesto.

Para obter máis información sobre a acrópole:
- Los tesoros perdidos de la humanidad: Grecia. Colección Océano Multimedia.
- Lugares monumentales conocidos por la UNESCO patrimonio de la humanidad: Grecia. Colección Océano.

viernes 30 de octubre de 2009

DELFOS

7 de marzo do 354 a.C.


O 7 de marzo é o día propio para consultar o oráculo.



Os gregos pensan que poden enterarse do futuro a través do famoso oráculo de Delfos, templo situado nunha ladeira do Monte Parnaso, en Delfos. O deus do oráculo é Apolo que se comunica a través da sacerdotisa Pitia, que se senta sobre un trípode recuberto con pel da serpe Pitón (matada por Apolo), sobre unha abertura que hai na Terra, dentro do templo. Deste burato emanan uns gases narcóticos que embriagan á sacerdotisa, para que poida ser a voz de Apolo. A contestación era tan ambigua ou incombrensible que facía falla que os sacerdotes a interpretasen. Moitos xefes de Estado, non se atreven a declarar a guerra, ou tomar decisións importantes, antes de consultar o oráculo. Os sacerdotes de Apolo funcionaban como diplómaticos e asesores, con amplios coñecementos de xentes e países.
Antes da consulta, Pitia e os seus sacerdotes purifácanse na fonte Castalia. A continuación faise unha procesión ata o templo de Apolo. A pitonisa, axudada polas sacerdotisas do templo queima ramas de loureiro, descende ata a parte máis sagrada, chamada Háditor. Á consulta súmase todo o pobo grego, xa sexan inimigos ou amigos do consultante.
A procesión iniciase no punto máis fondo da comarca sagrada. Os peregrinos parten con ramas de loureiro e coas ofrendas (ouro e metais preciosos). O camiño que conduce ó templo está rodeado de estatuas de deuses en tamaño sobrenatural.
Atenas ofrendou a Apolo o botín da batalla de Maratón.
O friso do templo está decorado con escenas da loita de Teseo contra as amazonas e coas fazañas de Hércules. Na parte frontal do templo pode lerse a inscripción: COÑÉCETE A TI MESMO!, que significaba que o ser humano nunca debe pensar que é algo máis que un ser humano, e que ningún ser humano pode escapar do seu destino.
Ós pes deste templo está a casa do tesouro de Siracusa.
En Delfos tamén se celebran os Xogos Píticos cada 4 anos, nos que ademais de modalidades deportivas como o pentatlón e carreiras de carros, teñen espazo para a música e a poesía.
Delfos tamén posúe un precioso anfiteatro bastante coñecido.


Para coñecer máis datos sobre Delos, pódese ver o documental:
Lugares monumentales conocidos por la UNESCO patrimonio de la humanidad: Grecia. Colección Océano.

jueves 29 de octubre de 2009

Macedonia

Corre o ano 355 a.n.E.
Acabo de chegar a Macedonia.


No 356 a.C Filipo subiu ao trono de Macedonia con vinte e dous anos, co nome de Filipo II. É un excelente xinete, grande nadador e un soldado moi sufrido en campaña. Casou con Olimpia, princesa de Epiro, e tivo un fillo, Alexandre.


Filipo acaba de conquistar a cidade de Crenidas, (á que bautizou co seu nome chamándoa Filipos ou Filípolis) preto da costa do mar Exeo, na beira do río Hebro e alén da zona mineira do monte Panxeo. Desde esta cidade pode ter o control absoluto da produción de ouro e a partir dese momento, Filipo pode acuñar neste metal e deixar de lado a prata que patrocinaban outras cidades.

Hai 4 anos que Filipo II (Φίλιππος) accedeu ó poder. O seu principal obxectivo é unificar todas as polis gregas.
O seu primeiro cometido foi organizar un bo exército, competente, disciplinado e numeroso, capaz de se enfrontar cos máis grandes pobos.
Para isto o rei abasteceuno con:
- casco.
- coiraza de coiro.
- escudo pequeno e redondeado.
- espada curta.
- lanza de 6 metros e medio, chamada sarissa. É famosa esta lanza, a máis longa e pesada que se coñece.

Este exército componse de:
- cabaleiría pesada (formada pola nobreza). Os reis macedonios posúen unha tropa de xinetes nobres que forman a súa escolta, chamados hetairoi (compañeiros do rei). Filipo organizou ó seu modo esa cabaleiría e deulles a todos as mesmas armas: coiraza metálica, xavelina e sabre. Eran en total 800 homes, e a súa especialidade era a carga frontal.
- cabaleiría lixeira. Era a encarregada de iniciar o combate e apoiar á falanxe atacando os flancos inimigos.
- infantaría (formada pola masa do pobo).
- falanxe (onde estaban os homes máis robustos). Está formada por guerreiros armados con lanzas, que entran en combate de forma frontal e sen separar as liñas. Con Filipo adquiriron tanta importancia que os denomina pezetairoi (compañeiros a pé do rei).

miércoles 28 de octubre de 2009

MORREU SÓCRATES!!!

Ya su!
Corre o ano 399 a.C.
Sócrates foi condenado a morte. Este filósofo contaba con numerosos contemporáneos en contra dos seus pensamentos, xa que, defendía a inexistencia dun deus como figura. Así, hoxe foi acusado de despreciar ós deuses e de alexar os pensamentos da xuventude da democracia.
A morte de Sócrates.

Platón recolleu por escrito a defensa de Sócrates (unha forte reivindicación de toda a súa vida) no xuizo que tivo lugar este luns. A sentencia levouse a cabo, a pesares de que contou cunha escasa maioría. Cando, dacordo coa práctica legal de Atenas, Sócrates fixo una réplica irónica á sentencia de morte do tribunal propoñendo pagar tan só unha pequena multa dado o escaso valor que tiña para o Estado un home dotado dunha misión filosófica, enfadou tanto ó xurado que éste volveu a votar a favor da pena de morte por unha abultada maioría. Os amigos de Sócrates planearon a súa fuxida da prisión pero preferiu acatar a lei. Pasou os seus últimos días cos seus amigos y seguidores, como queda recollido na obra Fedón de Platón, e esta noite cumpriu a súa sentencia bebendo unha copa de tósigo preparado con cicuta seguindo o procedemento habitual de execución "suicida". As súas derradeiras palabras foron irónicas ou sarcásticas: «acórdate de comprar un galo para Asclepio».
Para ver o xuízo de Sócrates, acompañando a Sofía, a protagonista do libro "O mundo de Sofía", que estaba a ler para filosofía, antes de viaxar a Grecia:

martes 27 de octubre de 2009

ARISTOCLÉS (PLATÓN)

Ya su!
Ano 409 a.C.

PLATÓN (á esquerda) acompañado de Aristóteles (dereita).

Hoxe visitei a Aristoclés, coñecido polo seu alcume Platón (Πλάτων), algo moi común actualmente en Grecia, onde moitos varóns teñen un.
Xa dende mozo, Platón achegouse a Sócrates, filósofo do que se amosan rasgos no pensamento de Platón. Despois da morte do seu mestre, Platón refuxiouse en Mégara, e máis tarde no sur de Italia, onde coñeceu ao filósofo pitagórico Arquitas de Tarento.
Platón foi desterrado de Sicilia por intentar influir na política de Dionisio I, que o desterrou. Posteriormente, Platón foi vendido como escravo, afortunadamente, a súa ama recoñéceo e liberouno moi pronto. Recoñeceu pasalo moi mal vivindo como un escravo, xa que despois de que á súa ama o recoñeceu obrigaba ó resto dos escravos a realizar as tarefas deste; algo que lle parecía moi inxusto e triste.

No ano 387 fundou a primeira escola filosófica, a Academia. Este nome chamoume a atención porque nós acostumamos designar co nome de academia a unha sociedade que ten como principal obxectivo a ensinanza.
Anos despois volveu a mudarse a Siracusa, xa que Dioniso I falecera e pretendía establecer os seus ideais políticos, pero isto non foi posible.
O ideario de Platón:

Agora está a escribir unha obra, as "Leis", que trata da preocupación fundamental: a política. Dita obra califícaa como a mellor e máis completa.
O seu discípulo máis famoso é Aristóteles.
O mito da caverna de Platón é moi coñecido, neste vídeo está explicado detalladamente:

lunes 26 de octubre de 2009

SÓCRATES

Ya su!
Corre o ano 409 a.C.
SÓCRATES

Hoxe viaxei no tempo para poder coñecer a Sócrates, un filósofo moi importante da Grecia Antiga. Non escribe ningún texto, debido a que é analfabeto. Porén algúns textos dos seus discípulos (Platón, Aristóteles e Xenofonte), fan referencia ó seu mestre.

Serviu como soldado hoplita na Guerra do Peloponeso (na batalla de Potidea) e nas batallas de Delio e Antípolis, do que se mostra moi orgulloso, xa que é recoñecido polos seus concidadáns polo valor e a resistencia física mostrada.

Exerce unha enorme influencia sobre o pensamento do seu tempo. Sócrates amosa unha visión que sorprende enormemente ó pobo ateniense: argumenta que os escravos teñen a mesma capacidade de razonar que os homes, polo que ten moitas conversas con eles, nos que os fai razonar e lles pregunta as súas opinións sobre temas de actualidade.
A súa frase máis polémica e discutida entre os seus coñecidos é: "Só sei, que non sei nada". Os seus alumnos, non comprenden como unha persoa tan sabia pode dicir isto, xa que o oráculo de Delfos anunciou que era o home máis sabio do mundo. Sócrates explicoume que el emprega esta frase porque co paso do tempo dáse de conta de que existen numerosas preguntas para a que non pode obter resposta.

Mañé intentarei falar cun dos seus discípulos máis traballadores e de máis sona: Platón.
Para coñecer algo máis sobre a vida de Sócrates:

Ata mañá!

domingo 25 de octubre de 2009

NOVAS BATALLAS

KALIMERA!!!
Corre o ano 404 a.C.


Hoxe puiden ver a derradeira batalla da Guerra do Peloponeso, na que se enfrontaban Atenas, que colleu o diñeiro da Liga délica, contra Esparta. Atenas intentou resistir até o último momento e mesmo lle ofreceu o dereito de cidadanía ós samios, que foron os seus guerreiros máis fieis e consolidou as súas fortificacións. Porén o bloqueo marítimo e terreste ó que estaba sometida e a fame, fixo que se rendese esta mañá. Isto supón, que Atenas ten que desfacer os Muros Longos e as fortificacións do Pireo (embarcadoiro máis importante de Atenas) e disolver a Liga de Delos. Do mesmo xeito vese ofrigada a licenciar a súa flota, agás doce naves.
O xerenal Pericles (Περικλῆς) “rodeado de gloria”, morreu no 429, xa comezada esta guerra.

Muros Longos que rodean Atenas e a unen co Pireo

Para coñecer máis detalles sobre esta guerra:

sábado 24 de octubre de 2009

Kalimera!

Muros longos

Todos os cartos que doaron as cidades que desexaban formar parte na Liga délica, están sendo empregados pola cidade de Atenas para construir unhas murallas dende a cidade até o embarcadoiro, coñecidas co nome de Muros Longos (Μακρά Τείχη). Estes muros provocarán a famosa Guerra do Peloponeso.

viernes 23 de octubre de 2009

VISITA A UNHA NOVA ILLA, DELOS (Δήλος)

YA SU!
CORRE O ANO 477 a.n.E.
Delos

Delos é un dos lugares máis sacros de Grecia. A relixión grega di que emerxeu agarrada polo tridente de Posidón, pero foi unha illa flotante ata que Zeus a atou con cadeas ao fondo do mar, para convertela nun lugar seguro para Leto, ao abrigo dos celos de Hera, para o nacemento de Apolo e Ártemis. Como lugar de nacemento de Apolo é un dos lugares nos que se rende culto a este deus.
Neste ano Atenas escolle Delos como sede para chegar a un acordo e combater a Persia ou a outros pobos inimigos. Todas as cidades que o desexen poden participar neste pacto, para o que deben ceder unha determinada cantidade de diñeiro. Se algún pobo ataca a unha destas cidades, o resto das polis que asinaron esta unión defenderán cos seus exércitos á cidade atacada.
A idea parece moi boa, pero intentarei ver as causas polas que fracasou.

E... para ver publicidade que anima a participar na Liga de Delos:
http://www.youtube.com/watch?v=HHxbadZ8caA

Ó chegar os turistas somos recibidos na ágora dos Competaliastas, do nome dos Compitalia, divindades romanas honradas polos escravos e os libertos.
Da ágora dos Competaliastas, a vía procesional conduce ao santuario de Apolo, precedido dun propileo en ruínas. Sobre unha vasta explanada na que se poden catro templos consagrados ao deus. Alí álzase un estatua colosal que o representa.
Entre todos estes edificios destaca pola súa beleza o óikos dos naxios, edificio sacro con planta rectangular con oito columnas no centro.
Saúdos!!!

jueves 22 de octubre de 2009

UN DÍA CON PITÁGORAS

YA SU!
CORRE O ANO 484 a.C.
Samos

Hoxe decidín cambiar de illa para visitar a de Samos. Nela naceu o matemático e filósofo grego que ten gran sona en Grecia, polo seu teorema, ó que dá nome. Actualmente, Pitágoras vive nunha zona do Lacio, pero este mes está de vacacións na súa cidade natal. en "Italia" ten unha escola na que imparte clase a mozos e mozas, sen discriminar sexo, raza ou relixión.
Pitágoras

Ademáis de postular o teorema de pitágoras, moi importante para o ámbito matemático, este tamén realizou outros traballos e descubrimentos que se poden clasificar en distintos campos:
- é o introdutor de pesos e medidas.
- descobre a teoría musical, algo moi importante para os músicos, pero que algunhas veces nos creou dores de cabeza..., porén as súas explicacións son claras e precisas, referíndose moito ás matemáticas, que as considera fundamentais para ser un bo músico.
- inventou a xeometría e a aritmética teórica.
- é o primeiro en soster a forma esférica da terra e en falar de "teoría filosófica" e de "filósofos".
- postulou o baleiro, algo revolucionario nesta época, e polo que moitas persoas cren que está louco.
- intenta canalizar o fervor relixioso en fervor intelectual e usa o raciocionio e a definición.
- considerar que o universo é unha obra só descifrable por medios matemáticos.
Penso que Pitágoras postulou moitas cousas interesantes e que permanecen vivas na actualidade.

miércoles 21 de octubre de 2009

SAFO, UNHA POETISA POPULAR

Ya su!
Corre o ano 556 a.C.
Hoxe abandoei de mañá cedo Mileto, a cidade da filosofía, ou iso parece, xa que nela naceron os tres primeiros filósofos de sona internacional.
Lesbos

Cheguei a unha illa bastante grande que ten por nome Lesbos, na cidade de Mitilene vive a poetísa máis importante da Grecia clásica, Safo.

Safo

Safo dedícase a ensinar poesía a un grupo de mozas aristocráticas ás que lles dedica habitualmente cantos nupciais, pero hoxe tiven eu a oportunidade de que me dedicase a min un fermoso poema.
O seu irmán, Carasso, ó que lle ten grande aprecio é comerciante, pero este namorouse dunha moza en Exipto, o que lle supón á familia case a ruína e unha forte dor. Isto púideno advertir nalgúns dos poemas que Safo me amosou nuns libros de papiro moi coidados, neles, Safo pídelle a Afrodita o regreso de Carasso, xa que non quere que case coa moza que coñeceu en Exipto:
Doradas Nereidas haced que mi hermano regrese aquí, indemne.
Que todo cuanto su alma desea se realice menos este proyecto...
Que sea el goce de sus partidarios
que sea el quebranto de sus adversarios
que no sea para nosotros motivo de ignominia y que participemos siempre de sus honores.
Que olvide mis furores y las duras palabras de reproche con las que abatí su deseo, más duras para mí de pronunciar que para él oírlas.
Que regrese, y en medio del contento de sus conciudadanos, familiares y amigos, que se olvide de la que nada vale.
Si en verdad desea hallar compañera
haced que ésta, sea digna de su lecho
¡Y tú, oscura perra!
Consíguete otra presa, arrastrando tu hocico por la sucia tierra del bajo Egipto...

Safo casou con Cercila de Andros e tivo unha filla de nome Cleide, a cal lle dedicou algúns poemas moi fermosos:
Tengo una hermosa hija
Que tiene para mí
La esplendente belleza de una flor de oro,
Mi amada Kleis,
A la que no cambiaría por todas las riquezas de Lidia,
Ni tan siquiera por la hermosa Lesbos.

Saúdos!

martes 20 de octubre de 2009

UN DÍA CON ANAXÍMENES (Άναξιμένης)

Ya su!
Corre o ano 537 a.C.
Anaxímenes

Hoxe despraceime ata a casa de Anaxímenes, que se atopa nun pequeno outeiro de Mileto. Esta ten un patio interior rectangular, rodeado de todas os cuartos da casa. Dito patio é moi luminoso e ten no centro un altar, onde realizan os sacrificios ós deuses.
Para observar máis de preto as estancias dunha casa grega:

Anaxímenes está dacordo coas teorías do seu contemporáneo Anaximandro, aínda que engade algúns datos novos e curiosos. Anaxímenes pensa o seguinte:
- A orixe de todo é a auga.
- A auga é aire condensado, que surxe ó chover e, cando se condensa máis convértese en terra.
- O lume é aire diluído.
- Hai unha materia que constitúe a base de todos os cambios que acontecen na natureza, que é o ar.
- Para que exista vida ten que haber aire, terra, auga e lume; pero principalmente o primeiro.
E...para coñecer mellor a Anaxímenes:

Ya sas!

lunes 19 de octubre de 2009

UNHA VISITA ESPECIAL

Corre o ano 533 a.C.
Anaximandro
Hoxe despraceime até a residencia de Anaximandro (Ἀναξίμανδρος), un dos máis famosos filósofos presocráticos gregos da antigüidade. Ademais este é coñecido actualmente por ser matemático, astrónomo, xeógrafo e político grego.
A pesares de que se preocupa polos cambios que se producen na natureza, as súas ideas son moi diferentes ás de Tales, xa que pensa que o noso mundo é un de tantos que nacen e perecen en algo "o indefinido", que descoñece, polo de agora o que pode ser. Porén chegou á conclusión de que este elemento descoñecido non é a auga.
Estes pensamentos parecéronme moi estranos e diferentes ós actuais, pero curiosos, xa que Anaximandro chegou a estes despois de longas experimentacións e cálculos.

Mañá continuarei intentando coñecer a o derradeiro filósofo naturalista, Anaxímenes; xa que me parecen moi interesantes os seus postulados.

Ata outra!!!

domingo 18 de octubre de 2009

MILETO

Corre o ano 602 a.C

Mileto
Hoxe, cheguei a Mileto, cansa de ver tanta violencia en Atenas, decidín retroceder no tempo para poder coñecer a Tales de Mileto, xa que é o primeiro filósofo occidental coñecido. Para isto, collín unha barca que me deixou na beira dun pequeno areal moi fermoso e coñecido de Mileto.

Tales de Mileto

Decidín visitalo e preguntarlle a cerca dos seus descubrimentos, que para a súa curta idade xa tiña moitos realizados.
Amosoume os seus escritos e experimentos, entre os que me gustaría destacar os que máis me chamaron a atención.
Tales mediu a altura dunha pirámide de Exipto, cando me confesou isto eu non daba crédito. Aquí non existen elementos que poidan medir a altura dunha pirámide. Porén el explicoume que non precisaba de ningún invento raro. Coñeceu a altura da pirámide cando a sombra desta cuicidía coa súa altura. Este pensamento deixoume abraiada.
Ademais predeciu un eclipse solar mediante cálculos matemáticos, que realizou en varios papiros, dos que eu non encontraba o principio nin a solución, até que mos explicou con detemento.
Explicoume como chegara a postular o teorema de Tales, moi útil para resolver problemas en matemáticas.
Teorema de Tales

Pareceume estrana a súa forma de pensar. Busca explicacións ós procesos da natureza e cre que a auga é a orixe de todas as cousas. Que este elemento se transforma en peixes, en árbores...
Sería moi compricado discutir esta afirmación cun filósofo como Tales, polo que escoitei atentamente as razóns polas que cre que isto é así, dándolle a razón e sen mencionar os escasos coñecemntos que teño sobre os procesos da natureza que serían contrarios ós deste.

Xa que viaxei ata Tales, mañá intentarei coñecer a outro filósofo, Anaximendro e escoitar as súas explicacións, antes de regresar a Atenas e continuar vendo batallas.
Ata outra!

sábado 17 de octubre de 2009

A BATALLA DE SALAMINA

Ya su!
Setembro do ano 480 a.C
Hoxe acerqueime ata o golfo de Salamina, onde se enfrontan os exércitos persa e o grego.
A inmensa flota persa levou áncoras durante a noite, momento no que o escravo de Temístocles lle dixera que os gregos comezarían a fuxida, esperando sorprendelos. Os persas entraron no golfo de Salamina, quedando confusos de non ver fuxir ós gregos, xa que esta é unha leción que lles ensinan ós soldados gregos, nunca deben fuxir do inimigo.
Ó tempo que os persas avanzaban, os gregos retirábanse progresivamente cara o interior do golfo de Salamina. Os pesados barcos persas acabaron atrapados no golfo, que é moi estreito. Nese momento os gregos avanzaron ca súa flota cara á dos persas, envolvéndoa. Os persas intentaron retirarse, pero foi en van ó non poder avanzar por ser tan grande a densidade de barcos que había.
Foi un espectáculo inolvidable, ver dous exércitos, con moi bos soldados enfrontarse desa maneira.
Logo, os gregos atacaron as embarcacións e ós mariñeiros, que non levaban armas para facer fronte ós hoplitas, polo que foron unha presa fácil. Así, os gregos, saltaban de barco en barco, sen moita oposición. Para rematar, afundiron e capturaron gran cantidade de navíos.
Estratexia seguida na batalla de Salamina

Esta foi a batalla de Salamina, que eu puiden vivir e ver moi de cerca, tanto, que nalgún momento case me alcanza unha frecha persa.

Saúdos e ata moi pronto!

viernes 16 de octubre de 2009

CONTINUAMOS NAS GUERRAS MÉDICAS, BATALLA DAS TERMÓPILAS

Ya su!!!

Onte Fidías, foi mandado por Milcíades (xefe do exército) a correr os 42 quilômetros que separavan a Maratón de Atenas para anunciar a vitoria grega. Anunciouna coa frase "Alegrádevos, atenienses, nós vencemos!" a continuación caeu morto debido ao esforzo. Porén morreu coa alegría de poder anunciar ó seu pobo o triunfo nesta batalla.
Estes 42 Km, percorridos polo soldado Fidías son os que actualmente teñen que correr os deportistas que realizan a proba de Maratón, en lembranza desta carreira; aínda que esta distancia sufríu algún cambio ó longo da Historia.

Agosto do 480 a.C
Atópome preto de Esparta, no desfiladeiro das Termópilas, na Grecia Central. Ten lugar a Batalla das Termópilas, que podemos situar na II Guerra Médica. Nesta 300 espartanos, dirixidos polo seu rei, Leónidas I e axudados por 7.000 soldados doutras πόλεις (cidades-Estado) helénicas enfrontáronse a millóns de persas, dirixidos por Xerxes I. Hoxe, o quinto día de ameaza de batalla, os persas lánzanse a atacar ós hoplitas, cunha pequena lanza e un escudo de pequenas dimensións.
Un dos soldados de Leónidas afirmou que as frechas dos persas tapaban ó Sol. Eu puiden escoitar dende o alto da montaña a contetación de Leónidas "Pois mellor, se as súas frechas tapan o sol, combatiremos á sombra".
Os gregos, a pesares de ser menos que os persas conseguen deter a todo o exército persa, pero non sei durante canto tempo.

Detalle da batalla das Termópilas. Os Persas rodean as montañas, grazas ó traidor Efialtes que lles revelou o camiño, e sorprenderon ós gregos pola retagarda.


Leónidas e o seu exército loitando nas Termópilas

Os nenos e nenas recíben educación xuntos(impartida por nais e nodrizas) até os 7 anos no xineceo. A esta idade os rapaces comezan a educación, que é a cargo do Estado, e ten como principal obxectivo un duro entrenamento físico, a parte da ensinanza de lectura e escritura. Co avance dos anos, o entrenamento é cada vez máis duro e rigoroso. Os soldados espartanos son adestrados militarmente dende moi novos, co obxectivo de acostumalos á dureza da vida en campaña. Dos 16 ós 20 anos, os efebos espartanos, coñecidos como irenes , recíben un riguroso entrenamento militar e disciplina que os converte nos mellores soldados do mendo grego antigo.
Visten túnica vermello púrpura e largos cabelos. Ademais, no seu escudo pode verse unha lambda maiúscula, inicial de Laconia, rexión na que se atopa Esparta.

soldado espartano na batalla das Termópilas


Partes da inumentaria dun soldado espartano

Os espartanos fan da guerra unha cuestión de honra e así son educados. Consideran, hoxe en día, indigno sobrevivir nunha batalla na que caeron os teus compañeiros. Asómbrame ver a resistencia e tenacidade coa que loitan dende esta colina, é un espectáculo inolvidable.
Porén este exército, dende o meu punto de vista ten un inconvinte, ten moi poucos soldados.

Para ver esta batalla máis de cerca e coñecer algo máis:


Saúdos!!!

jueves 15 de octubre de 2009

¿QUÉ SE APRENDE EN GREGO, CÓMO E PARA QUÉ SERVE?


Este vídeo amósanos o que teremos que aprender en grego este ano..., que non é pouco...

TEMPOS DE GUERRA, BATALLA DE MARATÓN

YA SU!!!
Hoxe despraceime até a cidade de Maratón, a escasos quilómetros de Atenas.
13 de setembro de 490 a.C.
Hai aproximadamente 9 anos que comezaron as Guerras Médicas, chamadas así, porque nelas enfróntanse os gregos e os medos (persas).
Pero... ¿Por que se produciu esta guerra? Para coñecer mellor os antecedentes desta guerra:


Neste ano comeza unha das batallas máis coñecidas, xa que sobre ela coñecemos algún que outro feito, grazas a Heródoto, que día tras día, no seu estudio relata o acontecido durante esa xornada nas batallas.
A batalla de Maratón (Μάχη τοῡ Μαραθῶνος) enfrenta ó rei persa Dario I, que quere conquistar e invadir Atenas e por outro lado ós Atenienses.
Os soldados gregos (de infantería), chamados hoplitas (de hoplon, escudo),dez mil atenienses e mil soldados de Platea, desembarcaron na costa oriental da Ática, a 40Km de Atenas e nunha chaira de 3Km de anchura situada entre as montañas e o mar.

Territorio no que se desenvolve a batalla

Agora mesmo os soldados gregos están loitando contra os persas nunha cruenta batalla. Os soldados persas son aproximadamente 26.000 e contan cunha importante flota. Porén os soldados gregos non se desaniman e contan co apoio do gobernador, Pericles, para o que precisen.


Posicións das tropas gregas (azul) e das tropas persas (vermello) ó principio (na primeira foto)e durante o combate (segunda)

Na época arcaica, en Atenas só podían formar parte do exército os membros da aristocracia. Isto mudou recentemente, xa que agora dende os dezaoito anos, os mozos intégranse na efebía, na cal son adestrados no manexo das armas e esixíndolles defender á comunidade e cumprir as súas leis. Ó cumprir os vinte anos quedan a disposición das necesidades militares do estado, baixo o mando do estratego ou xefe militar en caso de conflito, como é hoxe o caso.
O equipo do soldado ateniense inclúe un escudo circular, un casco de bronce, unha coiraza metálica, formada por un peto frontal e unha plancha dorsal, que a atan polos costados, unha lanza e unha espada.

Hoplita co seu armamento

Para combatir os hoplitas lánzanse á carreira nun choque frontal contra o inimigo, en filas apretadas e non moi longas, contando coa protección do escudo e do soldado que tiñan á esquerda. O combate é unha cuestión de resistencia e dende nenos, ensínanlles que é preferible morrer nun combate e chegar sobre o escudo que chegar sen el ou con este estragado.

Formación de ataque

Para ver como se desenvolven as Guerras Médicas e, en concreto a batalla de Maratón:


Mañá contareivos como rematou esta batalla, aínda que xa coñecedes o final e intentarei asistir ó anunciamento da vitoria ateniense por parte de Fidias.

miércoles 14 de octubre de 2009

O ENCONTRO CON PERICLES

YA SU!!!
Corre o ano 462.


Busto de Pericles

Hoxe cúmprese un ano da chegada ó poder de Pericles, un importante gobernador grego que marcou a cultura, sociedade, escultura, arquitectura... da Grecia Clásica.
Para reunirme con él vestín o peplo xónico ou quitón, que é de cor branca e está reservado para as mulleres de clase social alta, xa que senón, Pericles non me recibiría. Éste púideno obter nun dos mercados que hai arredor da ágora. A moeda que empreguei para pagalo é o dracma (δραχμή), palabra que provén do verbo "δράττω" (dráttō, empuñar, agarrar), unha moeda que naceu no 535 a.C e que estivo en vigor até o ano 510 a.C co nome de dracma de Lucania. Porén, hoxe en día empregan o tetradracma ateniense. No anverso da moeda aparece a face da deusa Atenea cun casco de guerra e unha curuxa no reverso.
O vestido custoume 12 óbolos, ou o que é o mesmo, 2 dracmas atenienses.

Dracma de Lucania


Dracma ateniense. 1 dracma = 6 óbolos

Nun dos edificios que rodean á ágora atópase o "despacho" do gobernador e a sala de xuntas. Alí puiden falar con Pericles, que me explicou con detalle os plans económicos que ten para os próximos anos.
Para coñecer mellor a actividade de Pericles e o cambio que se produciu na escultura mentres estaba este no goberno, recoméndovos este vídeo:


Saúdos e ata outra!!!

martes 13 de octubre de 2009

UN NOVO DÍA EN ATENAS

YA SU!!!!
Estamos en Atenas no 508 a.C.

Clístenes

Hoxe Clístenes está rematando unha nova Constitución.Ten como novidade que permite o ostracismo (desterro dun gobernante, se atenta contra as liberdades e dereitos dos/as cidadáns).
Ademais, esta constitución permira que calquera home, maior de idade e nacido en Atenas poida acceder ó goberno.

En Atenas as clases sociais están marcadas polo número de propiedades que posúe cada familia. Así en Atenas, hai aproximadamente, 40.000 habitantes, pero son suficientes6.000 para tomar decisións legais.

Onte dicía que a ágora me chamou moito a atención porque ten unha construción rectangular no centro, na que permanece o lume encendido sempre. Isto faise como ofrenda ós deuses.

Arredor da ágora hai numerosos edificios, uns de carácter relixioso(templos) e outros de carácter político. Porén estes templos reciben diferentes nomes, atendendo ó número de columnas que os forman. Para comprender isto mellor:



E para coñecer máis características da escultura da época clásica, na que me atopo, remítovos a unha entrada que publiquei con anterioridade:


Saúdos e ata outra!!!

lunes 12 de octubre de 2009

UNHA VIAXE NO TEMPO EN ATENAS

YA SU!, KALIMERA!!!
Estes días estou viaxando en Atenas ó longo do tempo. Estiven en diferentes anos e acontecementos:


Solón

Onte corría o ano 594 a.C.
Coñecín a Solón, un lexislador grego que creou a primeira constitución de Atenas, coa que prohíbía a escravitude por débedas, obrigaba a todos os varóns a prestar servizos militares e definía escravitude como man de obra gratuita.




Ágora de Atenas

Hoxe, viaxei ata o 510 a.C., ano no que Atenas expulsou a 30 tiranos, que gobernaban para o seu propio beneficio. Todo o pobo ateniense estaba reunido na ágora á mañá cedo e armados con fouces e espadas ameazaban e berrábanlles ós gobernantes, que finalmente accederon a abandoar o cargo.
Eu estaba un pouco confusa, xa que a xente estaba moi nerviosa e non comprendía os berros,as ameazas e o nerviosismo da xente.
Chamoume moito a atención o centro da ágora, no que se pode observar un espacio rectangular no que se encende lume. Gustaríame saber a utilidade desta construción, polo que intentarei buscar pronto unha resposta.

Este suceso marca o comezo da época clásica na Historia da Grecia Clásica.

Agardo que a miña visita de mañá a un novo ano en Atenas sexa máis tranquila.

Saúdos!
post scriptum: se queredes viaxar ó mundo antigo coma min, agora tendes a oportunidade!, podedes ver Ágora, a nova película de Alejandro Amenbar, durante dúas horas estaredes noutro lugar, noutra época, podedes disfrutar dun sympósion, veredes a ágora de Alexandría e coñeceredes á filósofa Hipatia, á que eu coñecerei en persoa moi pronto.
Non deixedes escapar a oportunidade de coñecer Alexandría noutra época, seguro que é unha marabilla! e que intenta achegarse o máximo posíbel á realidade.

sábado 10 de octubre de 2009

ATENAS (Αθήνα), ÉPOCA ARCAICA


Αθήνα


Dracón

KALIMERA!!!
620 a.n.E
Hoxe cheguei a Atenas e nesta cidade está a acontecer un feito que cambiará a Historia da Grecia Clásica. O lexislador ateniense, Dragón (Δράκων) elaborou un código lexilativo, que supón o cambio da oligarquía (ὀλιγαρχία),goberno duns poucos, á democracia. Isto supón a perda do poder duns poucos. Aínda así, na democracia que se establece hoxe en Atenas só poden votar os homes maiores de idade, libres e nacidos en Atenas. Porén, as mulleres non teñen dereito a voto, pero amplíanse os seus dereitos.
Tiven a oportunidade de falar con Dracón e pareceume un home moi agradable e traballador, que só obusca o mellor para o pobo ateniense. Mesmo me amosou as táboas coas leis, púidenas coller e lelas, estas marcarán fortes cambios na vida dos atenienses.
A cidade de Atenas é moi bonita e ten unha gran colina, na que supoño que edificarán o partenón dentro de dous séculos.

Mañá viaxarei até Lesbos para atoparme coa poetisa Safo, unha muller que fixo historia na literatura...

ANDIO SAS!

jueves 8 de octubre de 2009

NOVA PARADA, ESPARTA (Σπάρτα)


Esparta, cidade situada ó norte de Laconia.



Ágora de Esparta

Ya su!
Despedinme cedo de Clitemnestra e Agamenón, para partir deica Esparta.

Corre o ano 720 a.C.
Cheguei a Esparta a media mañá. Nunha casa moi grande daba a luz un neno unha moza moi ben vestida e pintada con pez, substancia que alonxaba ós demos. Esta era asistida por mulleres espertas, entre as que me escondín para poder ser testemuña dos rituais sobre o nacemento en Esparta.
Cando naceu o neno, colocouse unha rama de olivo na porta da casa. E ós poucos minutos foi examinado, para saber se este podía servir ó pobo espartano:


Nesta cidade os nenos non se divirten cos xogos populares, senón, que dende moi novos só xogan a pelexar entre eles e nalgúns casos con pólas que semellan espadas.
A educación espartana (ἀγωγή 'conducta, movemento') conságrase no movemento das armas. Os mozos non buscan a súa gloria persoal (ideal homérico), senón a colectiva, a vitoria da cidade.
Porén a educación nesta cidade comparte rasgos descritos por Homero: o atletismo, a loita e os deportes hípicos. Este ano deron comezo os Xogos Olímpicos e os deportistas espartanos van gañando na maioría dos deportes, debido ó seu duro entrenamento diario.
Ademáis Esparata é a capital da música de Grecia. As diversas festas (Xacintias, Carneas ou incluso as Gimnopedias) son apenas un pretexto para os concursos de danza dun alto nivel de refinamento, que precisan de entrenamiento especializado.

Para observar máis de cerca a educación en Esparta:
http://www.youtube.com/watch?v=HUszUnQTWLQ&feature=channel

Os espartanos conforman unha sociedade á que lle gustan moito os espectáculos de ocio. Así, o teatro está construído na ladeira da montaña que está ós pés da acrópole. O gymnásion e o stadium, nos que se realizan actividades deportivas e culturais están situados nas aforas da cidade, xa que precisan de moito espacio. Estes son edificios portificados e provistos dunha pista para executar as competicións.
Porén, Esparta considera como non cidadáns ós periecos (cidadáns da periferia) e ós hilotas (campesiños).

Está é unha sociedade demasiado bélica, pero gústame moito a cidade.
Saúdos dende Esparta!

miércoles 7 de octubre de 2009

AS CASAS GREGAS

Ya su!
Hoxe tiven a oportunidade de visitar dúas casas (oikía) moi diferentes en Micenas.
Pola mañá, despois de tomar o akratismós visitei a casa de María filla de Ana do demos de Micenas. A casa é, como a maioría moi sinxela, xa que a familia é bastante pobre. O único salario que entra na casa é o de Maria (filla maior da familia) por traballar no palacio de Clitemnestra. Esta casa ten unhas dimensións moi reducidas e carece de cociña, polo que os alimentos se cociñan o aire libre. Ten moi pouco mobiliario e a decoración é moi sinxela. Os irmáns de María xogaban diante da casa cuns aros e cunha peonza.
Ó rematar a visita, tiven a oportunidade de visitar a casa dun dos membros da bulé. A casa diferenciábase moito da vista anteriormente, xa que constaba dun patio interior, arredor do que se construían todas as estancias da casa, algo que me recordou ó palacio de Ariadna. Ó entrar encontreime cun recibidor e un comedor bastante amplo. Ademáis existen dous cuartos especiais: o androceo (sala destinada ós homes) e o xineceo (destinada ás mulleres e nenos). Eu visitei esta última acompañada da dona da casa, que é moi amiga de Clitemnestra. Alí, varias criadas fían mentres coidan ós fillos da señora da casa e os ensinan a ler e a escribir até os sete anos; idade á que as mulleres comezaban a fiar, tecer e a realizar as tarefas domésticas, mentres que os varóns continuan o seu ensino nas casas de mestres, ós que os pais dos rapaces lles pagaban, xa que a ensinanza era privada e non obrigatoria.
Esta cidade dispón de fontes públicas, que abastecen auga potable e dunha pequena rede de alcantarillado.

Para coñecer mellor as estancias dunha casa grega algo máis moderna que a que visitei eu:


Agardo que vos gusten estas estancias!

Mañá viaxerei a un novo lugar, pero... A onde? A quen coñecerei?

post scriptum: non te preocupes, Andrés, seguro que os exercicios de matemáticas (se te fixaches) están ben feitos. Non tardarei moito en voltar, xa que tamén vos boto moito de menos. Bicos e saúdos para todos!!! (Pórtate ben)

martes 6 de octubre de 2009

UN DÍA NA ÁGORA


(Micenas)


(tholos de Micenas)

Ola!
O sympósion do que disfrutei o sábado será inolvidábel. Ó chegar todos os invitados, sacamos as sandalias e dirixímonos á sala de banquetes. Unha vez alí coroamonos con grilandas. Logo demos comezo ó banquete, tras compartir unha copa de viño aromatizado. Para comer, reclinámonos en leitos con almoadóns, nos que cabían dúas ou tres persoas. O sitio de honra era o máis próximo ó anfitrión (Agamenón) e como dito sympósion era para darme a benvida, puiden disfrutar desta posición privilexiada. Ó meu caron estaba tumbada Clitemnestra e preto desta unha muller, cuxo nome non recordo e é a concubina de Agamenón.
Os alimentos servíronse troceados en bandexas que se colocaron sobre pequenas mesas.
Os asistentes lavamos as mans, xa que aquí aínda non coñecen os garfos. Así, comemos coa man e empregamos as migas de pan como pano de mesa.
Ó rematar a cea (deipnon), comezou o sympósion derramando viño puro ós deuses (libación), especialmente a Dioniso. A continuación brindamos e bebemos por todos os presentes, guiados polas indicacións do simposiarca (árbitro do banquete) que nos indicaba as proporcións de viño e auga que debiamos mesturar.
Cando a oscuridade comezou a invadir a estancia, os comensais despedímonos para poder descansar e madrugar ó día seguinte.
Estes días estiven coñecendo, acompañada de Clitemnestra a ágora (que non é a nova película)"falar en público", dá nome ó lugar no que os gregos se reunen para tratar asuntos da vida pública da cidade e para comprar. Isto realízase á hora do mediodía, polo que os gregos lle chaman "a hora da praza chea".
A ágora está repleta de monumentos moi fermosos, entre os que podo destacar:
- Stoá: edificios portificados que rodean a praza e servan de tendas e de sede de xustiza, ondeos funcionarios xuran o cumprimento das leis, que están grabadas en pedras.
- Buleuterion: edificio disposto dunhas gradas semicirculares. Neste reúnese a bulé (o Consello da cidade)
- Thólos: edificio de planta circular empregado para o culto relixioso ou funerario. Clitemnestra díxome que noutras cidades, un edificio semellante se emprega como sede da comisión pertencente da bulé.
Porén os de Micenas, empréganse moitas veces para actos funerarios, así constan de tres partes: un corredor de acceso, máis ou menos horizontal (dromos), unha entrada (stomion) e unha cámara funeraria.
- Templos: edificios relixiosos dedicados a distintas divinidades do Olimpo. Son edificios maxestuosos e visíbeis.

Onte, cando visitei a ágora, numerosos cidadáns discutían acaloradamente asuntos políticos. Aquí a política é moi importante, polo que a toda aquela persoa que non se interese pola política lle chaman "idiota".

Para coñecer mellor a acrópole de Micenas:



Mañá visitarei a casa dunha das mozas que axudan á raíña. Así poderei ver as distintas estancias desta.

Un saúdo a todos dende Micenas!