viernes 20 de noviembre de 2009

UNHA COMPARACIÓN MOI ACERTADA: A DESTRUCIÓN DA BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA-A SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA

Ollando no filme “Ágora” de Amenábar a bárbara destrución da Biblioteca de Alexandría por fanáticos cristiáns, inducidos polo seu bispo Cirilo coa anuencia do emperador romano, non fun o único en trasladar a escena á Galicia actual, pois hoxe estamos vivindo unha campaña aniquiladora semellante por parte dos nosos gobernantes contra a lingua (e cultura) galegas. ¿Como foi posible que cultos bispos coma o propio Cirilo –que chegou a santo e sería incluso proclamado Padre da Igrexa a fins do século XIX– inducisen á destrución pola destrución só porque as obras alí custodiadas non eran de cristiáns?

Aquela Alexandría era, antes de triunfar o fanatismo, un paraíso de tolerancia onde convivían xudeus, cristiáns, pagáns e mesmo xente descrida, como parece que era o caso da filósofa Hipatia, a protagonista. Sen dúbida foron moitos os espectadores que saíron do cine indignados por tal irreparable perda, aínda que non sei se todos trasladarían a súa indignación a hoxe, co noso idioma milenario ameazado pola acción mentireira dos intolerantes coa dirección asistida do propio Goberno galego.

Ollando aquela seita de fanáticos entrando a saco no templo do saber da Antigüidade disposta a estragar todo, foi inevitable a comparanza. Columnas e andeis polo chan, pergamiños e papiros voando… Cada papiro polo aire eran os folios dos nosos Cancioneiros medievais ciscados por unha ventá á ventoeira. Cada pergamiño rachado eran páxinas arrincadas das Cantigas de Santa María. Cada cacharela no patio eran as obras de Rosalía, Curros, Pondal, Castelao, Cunqueiro, Ferrín ou Rivas reducidas a borralla… Un coñecido intelectual galego dixo que calquera acción contra a lingua é como unha bárbara amputación no corpo humano. E deste noso Goberno só coñecemos amputacións no corpus da nosa lingua: a eliminación da proba de galego nas oposicións, a retirada de subvencións ós libros e ás traducións, as enquisas enganosas no ensino, as ‘galiñolas’, o desenterro da toponimia acastrapada… En fin, agora estamos na tensa espera da pira (¿funeraria?) final: o anunciado novo decreto relegador do galego no ensino e a derrogación da Lei de Normalización Lingüística. ¿Atreverase a facer o sumo sacerdote un acto “depurador” solemne na praza do Obradoiro ó estilo dos autos de fe de Filipe II? A Santa FAES reloucaría contemplando as labaradas, sen dúbida…

O templo do saber de Alexandría quedara convertido nunha corte de ovellas. Boa metáfora. Quizais sexa iso o destino pensado para Galicia: sen lingua, sen identidade, sen caixas… seremos coma ovellas. A san Cirilo de Alexandría non o salvou de ser xulgado pola Historia nin a súa suposta santidade, pois nela figura coma o destrutor de algo que hoxe sería Patrimonio da Humanidade (e tamén coma un dos primeiros antisemitas). Tristes méritos. ¡Que diferenza co outro san Cirilo, o Filósofo (século IX), tan ben querido polas nacións eslavas por ser o salvador e normalizador lingüístico das súas linguas minorizadas! Podendo escoller entre os dous Cirilos, os nosos gobernantes inclináronse polo inquisidor. Mágoa. Eu confésome devoto do outro, o Bo, o que non só lles predicou aos eslavos nas súas desprezadas linguas ágrafas senón que lles creou un alfabeto, o ‘cirílico’, para que as puidesen escribir. Crenzas relixiosas aparte, poderíase pensar en instituír na festividade dos santos Cirilo e Metodio, o 14 de febreiro, o Día da Normalización Lingüística das linguas ameazadas coma a nosa; tamén serviría para recordarlle á Igrexa en Galicia as súas obrigas lingüísticas cos seus fieis galegos.
XOSÉ MARÍA LEMA

miércoles 18 de noviembre de 2009

A DERRADEIRA LECCIÓN DE HIPATIA

Marzo do 415


Hoxe visitei de novo a Hipatia. Na ágora central de Alexandría había moitos cristiáns que con moita ira rompían todo o que estaba ó seu redor, sen deixar nesta praza ningunha estatua relixiosa.
Cando cheguei ó edeficio onde Hipatia impartía as súas leccións, observei que aínda non chegara ningún alumno, do cal me alegrei porque así puiden falar con ela. Pouco a pouco foron chegando Orestes e algúns alumnos máis, que anunciaban a inseguridade da cidade e que lle aconsellaron a Hipatia converterse ó cristianismo para non ter problemas con Cirilo, quen a acusaba de meiga, pero esta negouse. Eles aconselláronos non saír da estancia.
Non tardamos en escoitar como un grupo de cristiáns enfurecidos petaban á porta. Intentei convencer a Hipatia para que se escondese nun pequeno armario que había na estancia, pero esta negouse, dixo que prefería dar a cara e saber de que a acusaban en realidade.
Cando abriu a porta un grupo Conta como un grupo de cristiáns atolondrados, impetuosos e violentos precipitáronse sobre ela e obrigárona a saír do edificio sen darlle explicacións. Hipatia, con bágoas nos ollos despediuse de todos nós, mentres a berros lles pedíamos clemencia.

Porén, os cristiáns miráronnos e ameazáronnos con correr a mesma sorte. Golpeárona, espírona e arrastrárona pola cidade ata o templo Cesáreo, onde a cortaron con buguinas afiadas ata a súa morte. Despois, despezárona e queimárona nun lugar chamado Cinaron.

Nunca poderei esquecer este día tan tráxico...:(
Regreso para Galicia, a miña era, na que estes asasinatos están prohibidos e podemos gozar de liberdade de expresión e relixiosa.

viernes 6 de noviembre de 2009

HIPATIA (Ὑπατία)

Corre o ano 400 d.C.
Hipatia

A situación de Alexandría no ano 391 d.C.

Hipatia é unha científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribúe ó desenvolvemento das Matemáticas e a Astronomía, basándose nos pensamentos de Aristarco de Alexandría.
Seu pai, Teón de Alexandría, quería construir un ser humano perfecto, polo que Hipatia, na súa adolescencia viviu moi controlada. Con seus pa escribiu numerosos tratados, que se poden atopar na biblioteca de Alexandría.

Teón e Hipatia

Ten fama internacional, polo que numerosos alumnos de diferentes partes do mundo se dirixen até Alexandría para poder disfrutar das súas clases.
Entre os seus alumnos (que eran de diferentes relixións) podo destacar Orestes e Sinesio de Cirene, os cales teñen algúns escritos, nos que recollen explicación da súa mestra.

Hipatia realizou numerosos experimentos e inventou un aparello para destilar auga, un pinómetro graduado para medir a densidade dos líquidos e un nivelímetro para medir o nivel da auga.

Hipatia é pagá, e a pesares de que os cristiáns aumentaron en Alexandría nos últimos anos, esta non desexa converterse ó cristianismo.
No 391 a biblioteca de Alexandría foi destruída a mans dos cristiáns que se rebelaron contra os pagáns.

Chegada dos cristiáns a ágora de Alexandría.

Hipatia intentou salvar todos os manuscritos que escribira con seu pai da biblioteca, antes da revolta cristiá, para evitar o seu estrago:


Algúns poetas dedicáronlle poemas a Hipatia, por exemplo Palladas:
'Oταν βλέπω σε, προσκυνῶ, καὶ τοὺς λόγους,

τῆς παρθένου τὸν οἶκον ἀστρῷον βλέπων,
εἰς οὐρανὸν γὰρ ἐστι σοῦ τὰ πράγματα,
Ὑπατία σέμνη, τῶν λόγων εὐμορφία,
ἄχραντον ἀστρὸν τῆς σοφῆς παιδεύσεως.

A tradución:
"Reverenciada Hipatia, ornamento del saber,
estrella inmaculada de sabia formación,
cuando os veo a ti y a tu discurso,
yo te adoro mirando al hogar celestial de la Virgen,
porque tus quehaceres están en el cielo."

Tamén aparece citada nalgunhas obras:
"Había una mujer en Alejandría que se llamaba Hipatia, hija del filósofo Teón, que logró tales alcances en literatura y ciencia, que sobrepasó en mucho a todos los filósofos de su propio tiempo. Habiendo sucedido a la escuela de Platón y Plotino, explicaba los principios de la filosofía a sus oyentes, muchos de los cuales venían de lejos para recibir su instrucción."
Sócrates Escolástico.

jueves 5 de noviembre de 2009

MACEDONIA DESPOIS DA CONQUISTA ROMANA

Corre o ano 168 a.C.

Provincia romana de MAcedonia

Hai uns meses, chegou a Grecia un gran exército de soldados romanos, que iría en aumento co paso das semanas.
Este exército está conseguindo anexionar Grecia ó seu Imperio.
Eu agora estou en Macedonia, reino que foi dividido actualmente en catro repúblicas por Roma, xa que en Roma está gobernada por unha República.
Os romanos estableceron a provincia de Macedonia que foi creada no 146 a.C. As súas fronteiras esténdense até o Mar Adriático polo poñente.

Para coñecer o imno de Macedonia:

Μακεδονία ξακουστή
του Αλεξάνδρου η χώρα,
που έδιωξες τους βάρβαρους
κι ελεύθερη είσαι τώρα!

ήσουν και θα ΄σαι ελληνική,
ελλήνων το καμάρι,
κι έμεις τα Ελληνόπουλα,
σου πλέκουμε στεφάνι.

Οι Μακεδόνες δεν μπορούν
να ζούνε σκλαβομένοι,
όλα και αν τα έχασαν
η λεφτεριά τους μένει!

Pasado ó noso alfabeto:

ΜΑΚΕΔΟΝΙΑ ΞΑΚΟΥΣΤΗMAKEDONIA XAKUSTI

Makedonia xakusti,
tu Alexandru i jora,
pu edioxes tus varvarus,
ki elefteri ise tora!

isun ke tha se eliniki,
ellinon to kamari,
ki emis ta Elinopula,
su plekume stefani!

i Makedones den borun
na zune sklavomeni,
ola ke an ta ejasan
i lefteria tus menei!

e... en castelán:

MACEDONIA FAMOSA

Macedonia famosa
país de Alejandro,
Que echaste a los bárbaros,
y ahora eres libre.

Fuiste y serás griega,
y los griegos están orgullosos de ti,
y nosotros, los niños griegos,
hacemos una corona para ti

Los Macedonios no pueden
vivir esclavizados,
podrán perder todo
pero les queda la libertad

Mañá darei un salto no tempo, até a nosa era, para intentar coñecer a Hipatia.

miércoles 4 de noviembre de 2009

VIAXE NO TEMPO, SALAMINA, ENCONTRO CON EURÍPIDES (Ευριπίδης)

CORRE O ANO 408 a.C.

Eurípides é un importante e coñecido autor de traxedias.
Durante a súa infancia tivo lugar a Segunda Guerra Médica. De raparigo foi copeiro dun grupo de danzantes, moi relixiosos, polo que a súa educación foi convencional. En 466 a. C. cumpriu dous anos de servizo militar. Odia a política e é amante do estudo, para o que posúe a súa propia biblioteca privada. Durante un tempo estivo interesado pola pintura, coincidindo co apoxeo do pintor Polignoto en Atenas. Tivo dúas esposas, chamadas Melito e Quérile ou Quérine.
Foi amigo de Sócrates, o cal, só asistía ao teatro cando se representaban obras de Eurípides.
Nas traxedias de Eurípides, aparta ás mulleres do modelo tradicional e amosa un pensamento avanzado.
Hoxe, decepcionado polos acontecementos da súa patria, implicada na interminable Guerra do Peloponeso, retirarase á corte de Arquelao I de Macedonia.
Para coñecer máis datos sobre Eurípides:


Visitando Salamina, cheguei a unha ágora, onde encontrei un émporion ou mácellon (mercado de alimentos), no que merquei algunhas provisións para os días posteriores.
Ó saír deste mercado paseei de forma tranquila pola praza, reparando na beleza das esculturas de deuses que se erguían nos diferentes recantos da ágora.
Diante da estatua de Atenea, un home, que dixo chamarse Georgios, oraba con gran devoción. O home ó verme, chamoume polo nome, abandoando as súas pregarias. Eu non me din por aludida, xa que niguén me reclama nunca por estas terras. Porén el acercóuseme e asegurou coñecerme. Moi estranada, intentei explicarlle que era estranxeira e que non o coñecía de nada. Lucía un himation distintivo, que o identifica cun mestre.
Eu intentei facer memoria, pero non lembro a ese home, penso que nunca o coñecín nin o vin. Podería ser un erro, pero como coñece o meu nome?
Finalmente, Georgios, moi indignado pola miña actitude, despediuse moi amablemente e case ríndose da miña pouca memoria. Quen pode ser el???

martes 3 de noviembre de 2009

Morre Alexandre Mágno (Μέγας Αλέξανδρος)


Onte, 13 de xuño do 323 a. C., Alexandre morreu no palacio de Nabucodonosor II de Babilonia. Tiña 32 anos. Eu penso que este foi envelenado por Yolas, fillo de Antípatro, que é copeiro de Alexandre; nun banquete organizado polo seu amigo Medio de Larisa o 2 de xuño. Nel participaron numerosas personalidades importantes, unha das cales me describiu como o copeiro botou un líquido moi estrano na copa de Alexandre, e acontinuación lle fixo unha seña de complicidade. Ademais alexandre estaba enfermo de malaria, o que puido contribuir á súa morte.
Os xenerais vendo a delicada saúde do rei decidiron permitirlles ós soldados que visen ó seu rei vivo por derradeira vez. Este recibimento foi moi emotivo, xa que o rei lles facía señas de recoñecemento coa mirada e coas mans.

O seu imperio foi dividido entre os seus xenerais (Antipatro, Antígono, Tolomeo e Lisímaco) como se pode apreciar no seguinte vídeo:


O corpo de Alexandre colocouse nun sarcófago antropomorfo de ouro, que se puxo á súa vez noutro ataúde de ouro e cubriuse cunha capa púrpura. Puxeron este ataúde ó lado da súa armadura nun carruaxe dourado que tiña un teito abovedado soportado por peristilos xónicos. A decoración do carruaxe era moi luxosa e foi descrita por Diodoro con gran detalle:

El féretro era de oro y el cuerpo que contenía estaba cubierto de especias preciosas. Los cubría un paño mortuorio púrpura bordado en oro, sobre el cual se exponía la panoplia de Alejandro. Encima, se construyó un templo dorado. Columnas jónicas de oro, entrelazadas con acanto, sustentaban un techo abovedado de escamas de oro incrustadas de joyas y coronado por una relumbrante corona de olivo en oro que bajo el sol llameaba como los relámpagos. En cada esquina se alzaba una Victoria, también en noble metal, que sostenía un trofeo. La cornisa de oro de abajo estaba grabada en relieve con testas de íbice de las que pendían anillas doradas que sustentaban una guirnalda brillante y policroma. En los extremos tenía borlas y de éstas pendían grandes campanas de timbre diáfano y resonante. Bajo la cornisa habían pintado un friso. En el primer panel, Alejandro aparecía en un carro de gala, «con un cetro realmente espléndido en las manos», acompañado de guardaespaldas macedonios y persas. El segundo representaba un desfile de elefantes indios de guerra; el tercero, a la caballería en orden de combate, y el último, a la flota. Los espacios entre las columnas estaban cubiertos por una malla dorada que protegía del sol y de la lluvia el sarcófago tapizado, pero no obstruía la mirada de los visitantes. Disponía de una entrada guardada por leones de oro. Los ejes de las ruedas doradas acababan en cabezas de león cuyos dientes sostenían lanzas. Algo habían inventado para proteger la carga de los golpes. La estructura era acarreada por sesenta y cuatro mulas que, en tiros de cuatro, estaban uncidas a cuatro yugos; cada mula contaba con una corona dorada, un cascabel de oro colgado de cada quijada y un collar incrustado de gemas.

Mary Renault, Alejandro Magno, pág. 2.

lunes 2 de noviembre de 2009

A FUNDACIÓN DE ALEXANDRÍA

Corre o ano 324 a.C.
Alexandre Magno fundou unha nova cidade, no ano 331 a.C. á que decidiu dar o seu nome, Alexandría.
Esta cidade medrou en poucos anos grazas á comercio cara Grecia. Ten unha importante biblioteca, na que se poden atopar numerosos papiros, que conforman volumes. Estes posúen información das diferentes ciencias. Nela pódense ver obras de Homero e Plausto, entre outros escritores importantes; ademais de tratados e estudos.
As obras están colocadas por temática. Nos arcos da biblioteca, que dan paso a un corredor con numerosos estantes pódense ver escritos en grego a ciencia á que pertencen os volumes dese corredor. A biblioteca actualmente ten arredor de 700.000 volumes.

papiro

Ademais, un dos monumentos descados da cidade é un faro, que está moi preto dun pequeno embarcadoiro. Este ten un tamaño descomunal.

Nunha das ágoras desta cidade pódense ver estatuas de deuses e numerosos edificios con esbeltas columnas pintadas con cores vivas e douradas, uns son templos, outros mercados e o que se atopa á dereita da ágora, un palacio de xustiza.
Ágora de Alexandría.
Unha das imaxes que máis me chamou a atención poló seu tamaño foi a de Serapidos, que se atopa no interior do edificio máis fermoso que rodea a praza:


Alexandre consigue conquistar e gobernar o maior Imperio da actualidade:

domingo 1 de noviembre de 2009

Un día tráxico en Macedonia

Corre o ano 337 a.C.
Filipo II
Filipo II divorciouse de Olimpia. A súa intención é volver casar cunha nobre macedonia. Para calmar o descontento dos nobres de Molosia (de onde era Olimpia), tramou un matrimonio de conveniencia entre a súa propia filla Cleopatra e un irmán de Olimpia (é dicir, un tío de Cleopatra) que era rei vasalo en Molosia.

Para a voda organizaron grandes festas en Pella (capital de Macedonia). Desde o amencer avanzaron en procesión solemne as estatuas dos doce deuses sentados en tronos luxosos moi adornados. A estatua número trece era a efixie do grande Filipo. Houbo un grande banquete e a continuación todos se dirixiron ao teatro para terminaren alí o agasallo. Chegou Filipo que se vestira de branco para a ocasión e cando se dispuña a entrar no recinto abalanzóuselle un novo nobre macedonio e feriuno nun costado. Morreu ao instante alí mesmo. Eu dende unha bancada próxima vin como o nobre limpaba a daga que ferira a Filipo e presumía orgulloso do seu cruel acto. O asasino chamábase Pausanias e dixo que fora unha vinganza persoal.