
Xano era o deus das portas, os comezos e as fins. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, xaneiro (Ianuiarius). Represéntase con un bastón na man dereira e cunha chave na esquerda, elementos relacionados coas entradas ou cos porteiros: a chave para abrir e o bastón para afastar aos visitantes non desexados. Así, podemos observar que o nome deste deus está moi próximo as palabras porteiro (ianitor) e porta (ianua).
Podemos observar unha representación deste deus en moedas romanas moi antigas que os romanos empregaban para xogar ao caput aut navis (equivalente ao noso cara ou cruz).

Este deus foi chamado "divom deus", unha forma latina moi antiga que significaba "deus dos deuses".
Xano tamén recibíu o nome de "Principium Deorum", "deus do principio", tendo este termo un significado sagrado.
"PRINCIPIUM" escrbíase en grego ἁρχή. Así, XAno é o deus do principio (ἁρχή).
En grego esta palabra ten o sígnificado: "ser o primero". Permanece nesta o carácter sagrado orixinal que sinalaba ao deus como o principal do panteón, "deus dos deuses", O Primeiro Ser.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada