"SE QUERES A PAZ, PREPÁRATE PARA A GUERRA", Esta máxima, atribuida xeralmente a Xulio César, pertence a Verguenio, que no seu libro, rei militaris se podía ler o seguinte fragmento:
"Igitur qui desiderat pacem, praeparet bellum" (libro III, prefacio, ano 390, aprox.)
Xano (Ianus) é un deus que tiña dúas caras mirando para ambos lados do seu perfil. Xano era o deus das portas, os comezos e as fins. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, xaneiro (Ianuiarius). Represéntase con un bastón na man dereira e cunha chave na esquerda, elementos relacionados coas entradas ou cos porteiros: a chave para abrir e o bastón para afastar aos visitantes non desexados. Así, podemos observar que o nome deste deus está moi próximo as palabras porteiro (ianitor) e porta (ianua). Podemos observar unha representación deste deus en moedas romanas moi antigas que os romanos empregaban para xogar ao caput aut navis (equivalente ao noso cara ou cruz). Este deus foi chamado "divom deus", unha forma latina moi antiga que significaba "deus dos deuses". Xano tamén recibíu o nome de "Principium Deorum", "deus do principio", tendo este termo un significado sagrado. "PRINCIPIUM" escrbíase en grego ἁρχή. Así, XAno é o deus do principio (ἁρχή). En grego esta palabra ten o sígnificado: "ser o primero". Permanece nesta o carácter sagrado orixinal que sinalaba ao deus como o principal do panteón, "deus dos deuses", O Primeiro Ser.
Nun principio, os gregos facían as súas casas con adobes. Construíanse unas xuntas desordenadamente, e o número e a distribución dos cuartos obedecían aos accidentes e extensión do terreno do que dispuñan. A luz obtíñase a través das fiestras e claraboias sin cristais. A miúdo contaban cun patio interior que proporcionaba luz e aireación aos cuartos que daban a este. As paredes exteriores eran tan vulnerables que os ladróns preferían facerlles un burato antes que forzar a porta de entrada. Non eran casas demasiado cómodas nin agradables, pero eran suficientes para satisfacer as necesidades dos seus inquilinos que, xeralmente, pasaban a maior parte do día fora da casa, nos grandes espazos públicos ao aire libre. No século IV a. C., os cambios políticos e económicos das cidades motivaron que os ciudadáns se desentenderan dos asuntos políticos e non participaran tanto na vida social. Por isto, cada vez houbo máis demanda de comodidades e espazos no interior das vivendas. Finalmente, na época helenística, as casas comezan a ser máis luxosas. As casas das persoas acomodadas están feitas a base de materiais nobres. Na casa grega, os cuartos distribúense arredor dun patio interior. As salas dedicadas a recibir visitas constan xeralmente dun vestíbulo e dun comedor, e adoitan estar na parte máis accesible da casa. O nome destes cuartos eran: andron (ἁνδρών), que significa ‘apartamento dos homes’. As mulleres e os nenos ocupaban o xineceo (γυναικών) máis afastada da rúa, o cal xeralmente estaba no piso superior. Os mobles non eran complicados, e servían para unha vida social relativamente sinxela. Había baúis e diváns para comer ou dormir indistintamente. O θρόνος era un asento honorífico, reservado ao dono da casa ou ao hóspede máis distinguido. A mesa na que se servían as comidas era una especie de velador (τράπεζα). Nos barrios populares a mayoría das casas eran moi pequenas e tiñan soamente una planta baixa con dous ou tres minúsculos cuartos. Os alimentos cociñábanse ao aire libre, sobre un braseiro, pois ata o século IV a. de C. as casas carecían de cociña. Para coñecer mellor as casa gregas:
Como en todas as civilizacións, a clase social do cidadán marcaba o tipo de vivenda na que habitaba. En Roma existían dous tipos básicos de casa romana: - A domus: Vivenda unifamiliar con planta baixa e unha altura, ocupada por familias acomodadas. Ao lado desta atopábanse as tabernae, tendas ou almacéns que frecuentemente estaban alquilados. A domus tiña varios espacios abertos: - O atrium, un patio descuberto, provisto dun estanque para almacenar a auga da chuvia (impluvium). No atrium podíamos atopar: - Os cubicula: cuartos con diferentes utilizacións. - O lararium: altar para os cultos familiares. - O tablinum: espacio destinado a recepción dos visitantes máis ilustres. Ao lado do tablinum atopábase un corredor (andron ou fauces) que comunicaba o atrio cun segundo patio chamado peristylum.
O peristylum estaba rodeado de columnas e dun pequeno xardín decorado con estatuas. Neste podíamos distinguir: - Os cubícula. - O triclinium: comedor amoblado con tres leitos que formaban unha U, arredor dunha mesa circular. - A culina: cuarto pequeno onde os escravos preparaban a comida. - A exendra: cuarto dedicado á vida social familiar.
Algunhas domus tiñan un terceiro patio chamado viridarium no que había árbores frutais e un estanque ou piscina.
- A insula: Bloque de pisos de vivendas de alquiler, onde se aloxaban as persoas con menos recursos económicos. Adoitaban ter tres pisos. Tiñan cuartos pequenos, con fiestras e pequenos balcóns. Accedíase a elas a través dun gran patio central, con escaleitras a diferentes alturas. Na parte inferior había tendas aberta cara a rúa, cunha altura onde vivía o comerciante.
E para rematar coñecendo algunha curiosidade máis sobre as vivendas romanas...: