martes 6 de julio de 2010

Hermes en Brión

O domingo 4 de xullo a Banda de Música de Chantada participou no Certame de Bandas de Música de Brión, celebrado na carballeira de Santa Minia. Alí observei unha fonte, na cima da cal relucía unha representación do deus grego Hermes, chamado, posteriormente Mercurio, polos romanos.

Este deus era o mensaxeiro dos deuses e foi moi admirado e venereado polos comerciantes e gandeiros.
Nesta carballeira celébrase o mercado, polo que a situación da fonte e da imaxe é boa.

Pero por que encontramos esta imaxe nun concello coruñés?
A resposta é sinxela. En 1913, Vicente Ramos, un brionés que emigrara á Arxentina, tivo éxito nos negocios realizados ao outro lado do Atlántico e decidiu realizar numerosas melloras na súa vila natal. Unha delas é esta.

Así, este agasallo amosa unha vez máis que os comerciantes tiveron, teñen e terán unha admiración por Hermes.