Proendos é unha parroquia próxima ao municipio de Sober (Lugo). Estiven por alí a semana pasada e sorprendeume gratamente. Proendos é un museo, pódese andar polas seus estreitos camiños e rúas e ver como os veciños reciclaron elemntos de diferentes épocas: celtas (trisqueis ou petroglifos) e romanos fustes de columnas romanas, aras, muiños de man,
ladrillos... para diversos e diferentes usos.
A igrexa representa a I.M. e mesmo séculos poteriores nas súas pinturas e retablos.
Algunha mostra disto son estas fotos:
As columnas:

Nesta casa empréganse como elementos decorativos.


Nestas fotos podemos ver como as columnas se empregaron para o seu propósito.

Nesta obsérvase o capitel dunha columna empregado como unha pedra máis da parede dunha casa.

O fuste dunha columna na entrada dunha casa.
Os muiños de man:


Como elementos decorativos. Na segunda foto, tamén se emprega o fuste dunha columna.
Estelas funerarias:

Empregadas como unha pedra máis nun muro ou como elementos decorativos fronte a un santuario.
Ladrillos:
que tapan ocos.
Tamén se poden ver moitas pedras como esta das que se descoñece a utilidade:
Se alguén coñece os usos que puido ter esta pedra, agradécense suxerencias.
Os elementos celtas son os seguintes:


Petroglifos.

Trisqueis